Sabahudin Bilalović
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 7 de maio de 1960 Trebinje, Bosnia e Hercegovina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 29 de xullo de 2003 Makarska, Croacia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Relixión | Islam | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1977 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Bosnia e Hercegovina Iugoslavia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 1993 | EuroBasket 1993 (en) |
||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sabahudin Bilalović, coñecido como Dino Bilalović, nado o 7 de maio de 1960 en Trebinje, Bosnia e Hercegovina (Iugoslavia) e finado o 29 de xullo de 2003 en Makarska, Croacia,[1] foi un xogador profesional de baloncesto internacional, que cunha estatura de 2,10 metros xogaba na posición de pivote.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1979, como xogador do Bosna Asa e nos seus primeiros anos de carreira, gañou a Copa de Europa de Baloncesto. Internacional coa selección de Iugoslavia, apareceu por primeira vez coa selección de Bosnia e Hercegovina trala desintegración iugoslava no EuroBasket de Alemaña de 2003, onde foi o máximo anotador do torneo con preto de 25 puntos por encontro.
Durante a súa etapa na liga ACB, no Breogán de Lugo, conseguiu facer unha media 15 puntos e 6,5 rebotes por encontro, destacando sobre todo as súas 51 triplas dese ano (cun 41% de acerto), dato moi consedirable e máis aínda tendo en conta que xogaba como pivote. Morreu en xullo de 2003 durante unhas vacacións de Makarska, Croacia, debido a problemas cardíacos previamente diagnosticados.
Clubs
[editar | editar a fonte]
Bosna Sarajevo (1977–1989)
Vojvodina Novi Sad (1989–1990)
Bosna Sarajevo (1990–1992)
Hapoel Nahariya (1992−1993)
DYC Lugo (1993–1994)
KK Zagreb (1994–1995)
Lugano (1995)
Speyer (1995−1996)
Česko 93 Sarajevo (1997−1999)