Diminución (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Extracto de El Primo Libro … Nel qual si tratta delle Glose de Diego Ortiz que representa o ritmo e os intervalos xenéricos. Observe o proceso de diminución (é dicir, división) suxerido polo compositor, en referencia ás figuras rítmicas nas partes musicais superior e inferior.

Diminución, en música, é un termo utilizado para diferentes fins no contexto dun intervalo, escala, acorde ou nota.

Diminución de intervalos[editar | editar a fonte]

Un intervalo presenta unha diminución se un intervalo menor ou perfecto é reducido por un ton cromático. Desta forma, un trítono, por exemplo representa un semiton cromático diminuído dunha quinta xusta. Un intervalo de sétima diminuída é sinónimo sonoro dun intervalo de sexta maior, soan igual aínda que a nota se chame distinta: a sétima diminuída de Do é Sibb e a sexta maior é La. Sibb e La son notas "enharmónicas", concepto para referirse a notas que soan igual pero que se chaman distinto. Os intervalos ou acordes diminuídos empréganse frecuentemente en jazz, pero non tanto, debido a que xeran unha tensión de moita cor, polo que en xeral os músicos non saturan con ela.[1]

Escala diminuída[editar | editar a fonte]

Un exemplo de escala diminuída sería:

  • La dim : La Si Do Re Mib Fa Fa# Sol# La

Son fáciles de construír: simplemente comézase na nota desexada, e desde alí agrégase en forma alternada un ton e un semiton, até completar a escala.

Raíz Ton Semi Ton Semi Ton Semi Ton Semi
La Si Do Re Mib Fa Solb Lab La

Acordes diminuídos[editar | editar a fonte]

A partir dunha escala diminuída pódense formar tríades diminuídas utilizando la, do e a mi bemol (raíz, terceira menor, quinta diminuída).

Nun acorde de sétima diminuída téñense 4 notas cada unha das cales forma unha terceira diminuída, o que leva a un mínimo de transposición. En última instancia só existen tres acordes de sétima diminuída diferentes: (exemplo: DoDim7 contén as notas Do, Mib, Solb, La, igual que os acordes de sétima diminuída con raíces Mib, Solb e La ).

Na maioría das partituras DoDim ou Do° refire a un acorde de sétima diminuída (acorde de catro notas) con raíz Do, mentres que Dom-5 ou Domb5 representa unha tríade diminuída de raíz Do. Con todo, nalgúns libros modernos de jazz e algunha teoría musical Dodim ou Do° representa unha tríade diminuída, e Dodim7 ou Do°7 denota un acorde de sétima diminuída.[2]

Diminución aplicada ás notas[editar | editar a fonte]

Neste contexto refire á diminución da duración das figuras, procedemento utilizado en música clásica, que se indica coa expresión «Alla breve». Así por exemplo unha melodía formada por corcheas medirase e interpretarase coma se fosen semicorcheas, ou, dito doutro xeito, un tempo de 4/4 interpretarase como 2/2. Esta técnica era común no contrapunto e o canon.

Diminución na música antiga[editar | editar a fonte]

Na música barroca e do Renacemento, o termo diminución aplícase a un estilo de ornamentación, que implica tamén o «completamento» ou improvisación ao momento de interpretar unha partitura, concibida naquela época como unha guía e non unha representación exacta da música.

Neste caso a diminución implica a división dunha figura en varias de menor duración, que en conxunto respectan a duración orixinal.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Armonía fundamental contemporánea.". Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2009. Consultado o 27 de abril de 2009. 
  2. "Guia de formación de acordes.". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2009. 
  3. Ornamentación en la música barroca temprana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]