Dieudonné Nzapalainga
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de marzo de 1967 Mbomou, República Centroafricana (pt) |
| 19 de novembro de 2016 – ← Giovanni Canestri | |
| Arcebispo católico | |
| 22 de xullo de 2012 – ← Paulin Pomodimo (en) Diocese: Arquidiocese de Bangui (pt) | |
| Archbishop of Bangui (en) | |
| 22 de xullo de 2012 – ← Paulin Pomodimo (en) | |
| Administrador apostólico | |
| 26 de maio de 2009 – Diocese: Arquidiocese de Bangui (pt) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (2012–), sacerdote católico (1998–) |
| Orde relixiosa | Congregación do Espírito Santo |
| Consagración | Fernando Filoni |
| Participou en | |
| maio de 2025 | conclave de 2025 |
| Premios | |
| |
Dieudonné Nzapalainga, nado o 14 de marzo de 1967 en Bangassou (República Centroafricana) é un relixioso católico latino, arcebispo metropolitano de Bangui dende 2012, e cardeal dende 2016.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Bangassou o 14 de marzo de 1967. O 9 de agosto de 1998 foi ordenado sacerdote da Congregación do Espírito Santo polo bispo de Bangassou Antoine Marie Maanicus.
O 26 de maio de 2009 foi nomeado administrador apostólico da arquidiocese de Bangui. O 14 de maio de 2012 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano de Bangui. Recibiu a ordenación episcopal o 22 de xullo do mesmo ano, de mans do cardeal e prefecto da Congregación para a Evanxelización dos Pobos Fernando Filoni.
O 19 de novembro de 2016 o papa Francisco creouno cardeal, co título de cardeal-presbítero de Sant'Andrea della Valle.