Diego Valero González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiego Valero González
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor em Wikidata
Cambil, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1946 Editar o valor em Wikidata (24/25 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Diego Valero González, nado en Cambil (provincia de Xaén) en 1921 e finado en Pontevedra o 3 de setembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro do grupo de Rogelio García Morales O Maletas na zona nororiental da provincia de Pontevedra. Participou en varios asaltos na comarca de Deza. O 14 de xuño de 1944 produciuse a morte do garda civil José Salgueiro Rey nun enfrontamento no lugar de Ponte Retorta (Manduas), paso obrigado entre A Bandeira e as Minas da Brea. Como consecuencia foi detido con Luis Blanco López, Juan Rodríguez Alén e Manuel Rodríguez Díaz. Xulgados en Pontevedra en consello de guerra o 21 de maio de 1946,[1] Luis e Diego foron condenados a morte e executados na prisión da Parda o 3 de setembro de 1946.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Noche, 18-5-1946, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 7-9-1946, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 134. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]