Diego Gago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diego Gago
DiegoGagoBugarín.jpg
Nacemento8 de setembro de 1987
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Diego José Gago Bugarín, nado en Vigo o 8 de setembro de 1987, é un avogado e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eleccións Congreso de España abril de 2019 PP Pontevedra.jpg

Licenciado en Dereito económico e máster en Asesoría Fiscal. É presidente de Novas Xeracións dende 2014. Foi elixido concelleiro de Vigo nas municipais de 2015. Foi candidato a presidir Novas Xeracións do Partido Popular en 2017.[1] O 23 de abril de 2017 foi nomeado presidente nacional[2] de Novas Xeracións do Partido Popular[1] no XIV Congreso Nacional de Nuevas Generaciones[3] celebrado en Sevilla.[4] Afiliouse a Novas Xeracións do Partido Popular con 16 anos, foi presidente provincial de Novas Xeracións de Pontevedra (2010-2014) e presidente autonómico de Novas Xeracións de Galicia (2010-2014).

Nas Eleccións xerais de abril de 2019 e nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano presentouse ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra, obtendo o escano nas dúas ocasións.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]