Diego Ferrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiego Ferrero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Campo Grande, Mato Grosso do Sur, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesDi Ferrero Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEmo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIsabeli Fontana (pt) Traducir (2016–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webnxzero.com.br Editar o valor em Wikidata
Facebook: DiegoFerreroOficial Twitter: DiFerrero Instagram: diferrero Musicbrainz: 0664a1ea-a52f-4b8e-8617-d08f476c729a Songkick: 5604398 Editar o valor em Wikidata

Diego José Ferrero, máis coñecido como Di Ferrero, nado en Campo Grande o 11 de xuño de 1985, é o vocalista da banda brasileira NX Zero.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A primeira vez que se escoitou falar de Di Ferrero foi nun programa de Xuxa en 1997, onde cantou unha canción de Michael Jackson e realizou un dos seus bailes tamén.

Diego entrou a NX Zero no ano 2004, pouco tempo antes da saída de Yuri Nishida. En decembro de 2008 o cantante sufriu un accidente de moto, onde se quebrou unha perna, polo tanto nalgúns espectáculos presentouse nunha cadeira de rodas.

Di aparece todos os anos en Altas Horas xunto cos integrantes de NX Zero. Foi escollido como o máis guapo do ano no VMB (brasileiro) de 2007, e gañou o Colirio Nacional de 2008 pola revista Capricho. NX Zero tamén gañou o premio á banda do ano en 2009 no programa de televisión Domingão do Faustão.

Participacións[editar | editar a fonte]

Diego gravou en conxunto coa cantante Nelly Furtado a versión en portugués da canción "All Good Things (Come to an End)" para a edición brasileira do disco Loose. Participou tamén na canción "Todo passa" do rapper Túlio Dek e gravou unha canción coa banda Rouge.

O cantante tamén gravou Abra a Felicidade xunto con Pitty e MV Bill. A canción foi o tema da campaña publicitaria no verán de 2009 de Coca-Cola.

Discografía[editar | editar a fonte]

CDs

  • Diálogo? (2004)
  • NX Zero (2006)
  • Agora (2008)
  • Sete Chaves (2009)
  • Projeto Paralelo (2010)

DVDs

  • MTV ao Vivo - 5 Bandas de Rock (2007)
  • 65 horas até aqui (2008)