NX Zero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

NX Zero é unha banda brasileira de emocore, formada en São Paulo en 2001. Está formada por Diego Ferrero (vocalista), Leandro Rocha (vocalista e guitarrista), Daniel Weksler (batería), Conrado Grandino (baixista) e Filipe Ricardo (guitarrista).

En 2004 Urubuz Records publicou o seu primeiro disco, Diálogo?. No 2008 Arsenal Music / Universal Music publicou lles dous discos: NX Zero e Agora. Recentemente lanzaron un novo disco titulado Sete Chaves.

Historia[editar | editar a fonte]

A banda comezou en 2001 formada polo guitarrista e vocalista Yuri Nishida. Nesa época, era un trío poderoso, con só un guitarrista, un baixista-vocalista (Philip) e un batería (Daniel Weksler), e tivo como influencia bandas como Face to Face, Foo Fighters e Millecolin. En 2003 Philip (vocalista e baixista) deixou a banda para cumprir o seu soño de ser aviador, e un ano despois fundou a banda Dossiê. Filipe (Fi) entrou na banda no último show que Philip fixo con NX Zero e foi nesa época de que eles coñeceron a Gee (Leandro Rocha), que tocaba nunha banda chamada (Enjoy). Mais antes de que este entrara a NX Zero, quen tocaba o baixo era Bruno (Gago) , quen chegou a gravar o primeiro demo. Gee chegou na época da gravación da demo verde (Meu coração desconfía que ainda há mais de que meus olhos possam ver) e esa demo estaba composta por 3 cancións: “Tarde Demais”, “Gritos do Silêncio” e “Razão de ser assim”.

En 2004, Yuri quería compartir a voz da banda e quixo facelo con Gee, mais el non quixo: con tantos problemas internos eles incluso chegaron a anunciar o fin da banda. Houbo un show en Hangar 110 (São Paulo) que ía ser o show de despedida de Gee e Yuri, no que Diego Ferrero ía facer unha participación especial nas últimas dúas cancións, pero Yuri e Gee desistiron de saír da banda. Sendo así, a banda quedou cos integrantes: Yuri (vocalista e guitarrista), Fi (guitarrista), Gee (baixista), Dani (batería) e Diego (vocalista).

Diego entrou na banda cando estaban gravando o CD Diálogo? e faltaban apenas unhas cancións para rematar a gravación. Cando o CD foi lanzado, ao final de 2004, Yuri xa non participaba en NX Zero, o motivo da súa saída foi por mor das “loitas internas”. Por ese motivo que hai dúas versións do CD Diálogo?: no CD da capa branca as dúas últimas cancións “Tarde Demais” e “Gritos do Silêncio” son cantadas por Yuri Nishida, e no da capa negra son cantadas por Diego Ferrero. As demais cancións do CD non foron modificadas e son cantadas polos dous. Gee non participou nas cancións “Ilusao” e “Promessa” por mor de que nesa época de gravación el había decidido deixar a banda, aínda que ao final el regresara a NX Zero.

Formación da banda[editar | editar a fonte]

A banda quedouse con catro integrantes oficiais por case un ano. Nese tempo Gee continuou sento o baixista mais non lle gustaba tocar o baixo e mentres non conseguían un baixista para a banda, en algúns concertos (bando Dossiê) asumía o posto de baixo e Gee de guitarra. En xuño de 2005, Conrado Grandino, que nesta época tocaba nunha banda chamada Rancore, fixo o primeiro show como baixista de NX Zero e Gee converteuse no guitarrista da banda. Dende entón, a banda continua coa formación actual: Diego Ferrero (vocalista), Gee Rocha (guitarrista), Fi Ricardo (guitarrista), Daniel Weksler (batería) e Conrado Grandino (baixista).

Premios[editar | editar a fonte]

Ano Entrega Premios
2007 Prêmio Multishow de Música Brasileira Artista Revelación
2007 Mtv Video Music Brasil Artista do ano
2007 Mtv Video Music Brasil Canción do ano: "Razões e Emoções"
2008 Meus Prêmios Nick Premio Slime
2008 Prêmio Multishow de Música Brasileira Mellor Cantante Masculino: Di Ferrero
2008 Prêmio Multishow de Música Brasileira Mellor Grupo
2008 Mtv Video Music Brasil Artista do ano
2008 Mtv Video Music Brasil Canción do ano: "Pela Última Vez"
2008 Mtv Video Music Brasil Vídeo do ano: "Pela Última Vez"
2009 Prêmio Multishow de Música Brasileira Mellor CD: Agora
2009 Meus Prêmios Nick Banda Favorita
2009 Meus Prêmios Nick Canción do Ano: "Cartas pra Você"
2009 Meus Prêmios Nick MPN 10 Anos: Slime
2009 Mtv Video Music Brasil Mellor Canción: "Cartas pra Você"
2009 Latin Grammy Mellor Álbum: Agora