Didáctica, Metodoloxía e Materiais
Aparencia
Didáctica, Metodoloxía e Materiais foi unha colección de libros editados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da entón Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Dedicada a calquera tipo de materiais que puidesen axudar a impartir clases en galego, dende estudos literarios e guías de comentarios de texto a modelos lingüísticos de conxugación verbal, foi un fito na normalización terminolóxica galega debido a que os seus libros máis centrados en labores lexicográficos foron moi innovadores en temática, calidade e cantidade.
Uns exemplos disto son os seguintes títulos:
Título | Autor(es) | Ano | ISBN |
---|---|---|---|
Vocabulario comercial (no interior, Vocabulario comercial básico) |
Ana Isabel Boullón Agrelo, Carlos Díaz Abraira e Mercedes Penoucos Castiñeiras |
1988 | 84-453-0003-2 |
Vocabulario do medio agrícola (no interior, O medio agrícola) |
Inés Ruibal Cendón, Xermán García Cancela e Xosé Torres Romar |
1988 | sen ISBN (DL: PO-320/88) |
Vocabulario do medio físico (no interior, Vocabulario sobre "o medio físico e o asentamento humano") |
Manuel Carlos Núñez Singala, Benigno Fernández Salgado e María Xesús Miramontes Castro |
1988 | sen ISBN (DL: PO-305/88) |
Vocabulario dos deportes | Paulino Novo Folgueira | 1988 | 84-453-0002-4 |
Vocabulario de tabernas, bares e cafeterías | Antonio Puentes Chao, Alexandre Rodríguez Guerra e Francisco Xabier Varela Barreiro |
1991 | 84-453-0242-6 |
Vocabulario de restaurantes | Antonio Puentes Chao, Alexandre Rodríguez Guerra e Francisco Xabier Varela Barreiro |
1991 | 84-453-0243-4 |
Vocabulario de cócteles | Antonio Novo Salgado | 1991 | 84-453-0244-2 |
Vocabulario da electricidade e electrónica | Ricardo Fernández Sabín | 1991 | 84-453-0262-9 * |
Vocabulario das ciencias naturais | Andrés Sanjuán López | 1991 | 84-453-0262-0 * |
Diccionario galego de xeografía | Xosé María Fandiño Martínez, Carlos Ferrás Sexto, Francisco Xabier Méndez Martínez e María Pilar Tobar Quintanar |
1993 | 84-453-0643-X |
Diccionario galego de banca | Ánxeles Carballo Martínez e Benxamín Dosil López |
1993 | 84-453-0945-5 |
* : Algún destes dous está mal segundo a normalización do ISBN