Saltar ao contido

Diamantina Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiamantina Rodríguez
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Viḷḷaxime, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 2021 Editar o valor en Wikidata (100 anos)
Noreña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoAsturianada (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1582556 Musicbrainz: 2d9e9935-af37-4f43-8e68-18a78f370337 Discogs: 4335343 Editar o valor en Wikidata


Diamantina Rodríguez, nada en Viḷḷaxime (Quirós) o 14 de setembro de 1920 e finada en Noreña o 21 de abril de 2021,[1] foi unha cantante asturiana de tonada, máis coñecida como Diamantina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De nena escoitou nun gramófono a voz de Obdulia Álvarez Díaz "La Busdonga", que se converteu no seu referente. En 1939 tresladouse co seu marido, o gaiteiro quirosán Argimiro Fernández Álvarez, á localidade de San Nicolás (Soto Ribera, La Ribera). En 1948 participou por vez primeira no concurso de tonadas organizado polo xornal Región. Isto serviulle para darse a coñecer e para coñecer José Menéndez Carreño "Cuchichi", membro do xurado e que se converteu no seu mestre. En 1950 asentouse en Mieres. En 1955 gañou o concurso de Región.

En 1969 gravou o seu primeiro disco, e en 1971 editou outro dedicado ao cancioneiro de Eduardo Martínez Torner. En 1972 publicou La verde Asturias, e en 1973 Canciones asturianas. En 1981 gravou A las madres de los mineros, que amais de tonadas incluía xiraldilles, vaqueiradas e anadas.

Colaborou no cantar "A la madre del mineru", no disco de Rosario González De Ḷḷaciana vengo (2004). Nese mesmo ano interveu no disco editado pola Dirección Xeral de la Muyer do Goberno de Asturias, Con voz de muyer, no que tamén participaban entre outras Anabel Santiago, Liliana Castañón, Marisa Valle Roso e Rosario González.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2002 recibiu a medalla de Asturias que concede o Goberno do Principado, na categoría de prata, como recoñecemento á súa traxectoria artística e a contribución á recuperación do patrimonio musical asturiano. Desde 2003 formou parte do xurado do Memorial Silvino Argüelles.

  1. "Fallece a los 100 años Diamantina Rodríguez, referente de la tonada asturiana". La Voz de Asturias (en castelán). 21 de abril de 2021. Consultado o 21 de abril de 2021.