Obdulia Álvarez Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaObdulia Álvarez Díaz
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLa Busdonga Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de tonada , cantante Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoAsturianada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 776750a8-71e2-4100-8f43-6b183bb79aa7 Editar o valor em Wikidata


Obdulia Álvarez Díaz, nada en La Fuente la Plata (Oviedo) en 1896 e finada en Xixón o 27 de xaneiro de 1960, foi unha cantante asturiana de tonadas, coñecida como La Busdonga.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu alcume debíase a que o seu pai traballou como ferroviario na estación de Busdongo, en Villamanín (provincia de León), de onde vén o seu nome artístico.[1] Tamén viviu en Mieres, onde o seu pai e a súa nai tiñan un chigre (sidraría) que servía de escenario. En 1934 estableceuse en Xixón.

Na década de 1920 traballou co compositor e pianista Baldomero Fernández [2]e con Ángel González Rodríguez "El Maragatu". Acadou éxito con cancións como “Pasé'l puertu Payares”, “Canteros de Covadonga”, “Carrosmateros”, “Los mineros del Fondón” ou “Hai una linia trazada”. Entre 1925 e 1926 gravou os seus primeiros discos en Uviéu[3] e máis tarde en Madrid .[1] Neles aparece tamén cos gaiteiros José Álvarez[4] e Marcelo del Fresno.[5] Chegou a gravar 24 cancións.[3]

En 1955 interveu como artista invitada no concurso de Canción Asturiana do salón Babel, acompañada á gaita polo seu irmán Aurelio[6] (tamén chamado El Busdongu), e un ano despois gravou dous cantares con Laudelino Alonso para a discográfica Columbia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Obdulia Álvarez Díaz". Enciclopedia de Oviedo. Consultado o 19 de decembro de 2018. 
  2. "Canción de arrieros : canción asturiana". bdh.bne.es (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Obdulia Álvarez, "La Busdonga"". La cueva boreal (blog) (en castelán). 06 de outubro de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2018. 
  4. "A dónde vas a dar agua, mozo : canción asturiana. Anda y señálame un sitio : jota asturiana - La Busdonga 1896-1958 - Registro sonoro musical - 1930". bdh.bne.es (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2018. 
  5. "Carreñana : canción asturiana. Al pasar por el puerto : canción asturiana". bdh.bne.es (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2018. 
  6. "L'asturianada. Cronoloxía". ismael.org (en asturiano). Consultado o 19 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]