Despe e Siga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Despe e siga
OrixePortugal Portugal
Período1994-2000
Xénero(s)ska
MembrosLuís Varatojo
João San Payo
Nuno Rafael
Sérgio Nascimento
Marco Franco

Despe e Siga é unha banda portuguesa, que foi creada como unha especie de alter-ego da banda Peste & Sida, polos mesmos membros desta banda. Un dos seus maiores éxitos foi 'Festa' de 1994.

Historia[editar | editar a fonte]

No inicio da década dos 90, os membros Luís Varatojo, João San-Payo, Fernando Raposo e Nuno Rafael dos Peste & Sida fixeron as primeiras aparicións baixo o nome Despe e Siga. O concepto era tocar versións de bandas coñecidas, como os The Pogues ou os Madness, e cantalas en portugués.[1] En 1992, entraron na banda os reforzos João Cardoso (teclado) e Marco Franco (batería), que un ano máis tarde deixaría o seu lugar a Sérgio.

O primeiro disco, "Despe e Siga", chegou ás tendas en 1994, e incluía versións que a banda acostumaba tocar en bares, como "Festa" (versión do orixinal dos The Pogues, "Fiesta"), "Bué de Baldas" (inspirado en "Baggy Trousers" dos Madness") e "Bule Bule" (versión para "Woolie Buly" xa dos tempos dos Peste & Sida).[1] O disco contaba con participacións dos músicos convidados Gui (saxofone), dos Xutos & Pontapés, e Sandra Baptista (acordeão), dos Sitiados .

A participación no disco "Espanta Espíritos", ocorreu o ano seguinte, co tema "Familia Virtual", onde entra o fadista Alcindo de Carvalho.[1]

En 1996, sae João San-Payo e entra Ricardo Aires (baixo) e chega ás tendas o álbum "Os Primos". O tema "Tou bo" contou coa axuda de Sérgio Godinho.[1] En 1998, os Despe e Siga foron un dos grupos convidados para o disco Ao vivo na Antena 3, onde gravaron dous temas no auditorio da RDP. Tamén participaron no recompilatorio A cantar con Xabarín da Televisión de Galicia.

O terceiro disco, "99.9", editado en 1999, está composto na súa totalidade por temas orixinais. Foi producido por Mário Barreiros e reúne temas como "Manual do Gelo", "Rádio Ska" e "Lunamóvel".

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Despe e Siga (CD-BMG-1994)
  • Os Primos (CD-BMG-1996)
  • 99.9 (CD-SONY-1999)

Coleccións[editar | editar a fonte]

  • Espanta Espíritos - "Familia Virtual"
  • A Cantar Con Xabarín 3/4 - "Astro da Bóla"
  • Ao vivo Na Antena 3 - "Tv ska" / "Bué da Baldas"
  • XX Anos XX Bandas - "Vida Malvada"

Vídeos[editar | editar a fonte]

  • Ao vivo 95
  • Os Primos

Notas[editar | editar a fonte]