Sérgio Godinho
(2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de agosto de 1945 Porto |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta, guionista, cantautor, cantante, compositor, artista discográfico |
| Período de actividade | 1971 |
| Instrumento | Voz |
| Selo discográfico | Philips EMI |
| Premios | |
Sérgio Godinho, nado o 31 de agosto de 1945 no Porto, é un poeta, actor, compositor e intérprete de cancións portugués.
Biografía
[editar | editar a fonte]Con máis de 30 anos de carreira, Sérgio Godinho é un dos grandes nomes da música portuguesa, caracterizado tamén pola súa figura polifacética que o fixo participar tamén en series de televisión, cinema, e mesmo teatro, tanto como dramaturgo, músico e realizador.
Aos 20 anos saíu de Portugal, para fuxir do recrutamento forzoso para a guerra colonial portuguesa na África. Permaneceu 9 anos afastado do país. A súa estadía máis demorada será en París, onde integrou durante dous anos o elenco do musical “Hair” e comezou a facer as súas primeiras músicas, tomando contacto con outros músicos portugueses no exilio, como José Mário Branco, José Afonso e Luís Cília. Pasou parte do exilio tamén en Ámsterdam, Brasil e Vancouver.
En 1971 colabora no primeiro álbum en solitario de José Mário Branco, Mudam-se os tempos mudam-se as vontades, e gravando nese mesmo ano en Francia o seu propio primeiro LP en solitario Os sobreviventes. Aínda do exilio data a gravación Pré-histórias (1972). Aínda que constantemente censurados, estes álbums conseguiron alcanzar a popularidade entre o público portugués no ano seguinte, chegando a ser mesmo premiado pola prensa como “Autor do ano” e Os Sobreviventes como “Disco do ano”.
Xa no Canadá, casou con Shila, compañeira na compañía de teatro The Living Theatre, estabelecéndose nunha comunidade hippy en Vancouver. Alí recibiu a nova da revolução dos cravos do 25 de abril, que o levou a regresar a Portugal. Xa en terras lusitanas, editou o álbum À queima-roupa (1974) cun enorme éxito, e percorreu o país actuando en manifestacións populares.
Desde entón até hoxe a súa carreira continúa, sendo autor dalgunhas das cancións máis aclamadas da historia da música portuguesa[Cómpre referencia], como "É terça-feira" e "Com um brilhozinho nos olhos".
Nos anos 90 participou no álbum de cancións e videoclips do Xabarín Club coa súa música "Pois é a Vida" cantada con acento galego.[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums orixinais
[editar | editar a fonte]- Os sobreviventes (1971)
- Pré-histórias (1972)
- À queima-roupa (1974)
- De pequenino se torce o destino (1976)
- Pano-cru (1978)
- Campolide (1979)
- Canto da boca (1981)
- Coincidências (1983)
- Salão de festas (1984)
- Na vida real (1986)
- Os amigos de Gaspar (1988)
- Aos amores (1989)
- Tinta permanente (1993)
- O elixir da eterna juventude (1996)
- Domingo no mundo (1997)
- Lupa (2000)
- O irmão do meio (2003)
- Ligação directa (2006)
Álbums ao vivo
[editar | editar a fonte]- Noites passadas (1995)
- Rivolitz (1998)
- Afinidades (co grupoClã) (2001)
- Nove e meia no Maria Matos (2008)
Recompilacións
[editar | editar a fonte]Bandas sonoras
[editar | editar a fonte]- A Confederação (LP, Diapasão/Sassetti) (1978)
- Kilas, o mau da fita (1979)
EPs
[editar | editar a fonte]- Romance de um dia na estrada (Guilda da Música/Sassetti) (1971)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Colaboracións
[editar | editar a fonte]DVD
[editar | editar a fonte]Libros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar a fonte]- ↑ "Pois E a Vida". Consultado o 2023-08-26.
- ↑ "A cantar con Xabarín - Vol. III e IV - TVG 13008003 (Caixa 2 CDs) (1996)". Consultado o 2023-08-26.