Descontinuidade (xeoloxía)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Descontinuidade.
En xeoloxía o termo descontinuidade (ou superficie de descontinuidde) úsase para designar os límtes, especialmente no interior da Terra, entre capas con rochas de densidades diferentes (as denominadas descontinuidades de densidade ou descontinuidades sísimicas), pero tamén para designar diferentes facies sedimentarias.
Distínguense catro descontinuidades no interior da Terra:
- Descontinuidade de Conrad
- Descontinuidade de Mohorovičić
- Descontinuidade de Gutenberg
- Descontinuidade de Lehmann
Tamén hai catro descontinuidades relativas a capas de rochas distintas:
Neste caso, descontinuidade é o do contacto ou límite entre as unidades litoestratigráficas, marcada por un significativo hiato, ou sexa, un período en que houbo erosión ou non deposición, e que se denomina máis específica e apropiadamente discordancia, e que pode clasificarse como:
- Descontinuidade angular: Inicialmente houbo un depósito dun material que foi litificado ou non, e que sufriu abalos sísmicos cambiando a súa configuración inicial. Posteriormente, houbo unha nova deposición que xerou novas rochas diferentes.
- Descontinuidade litolóxica: Descontinuidade dunha capa de rocha sedimentaria sobre unha rocha metamórfica ou ígnea.
- Descontinuidade erosiva: Durante o hiato ocorren diversos procesos erosivos, formando unha superficie de erosión. Posteriormente os sedimentos da rocha máis nova se depositan normalmente.
- Desconinuidade paralela: Sucesión de sedimentos paralelos sen superficie erosiva, que só pode ser identificada coa análise do contido fosilífero.