Depresión tropical dez (2007)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Depresión tropical dez a piques de tocar terra firme.

A depresión tropical dez foi un breve cicló tropical que recalou en terra firme pola panhandle de Florida en setembro de 2007. O sistema desenvolveuse en depresión subtropical o 21 de setembro ó nordeste do golfo de México da interacción dunha onda tropical, a cola dunha fronte fría e unha área de baixas presións. Nun primeiro momento, a circulación non estaba ben definida e a actividade tempestuosa era intermitente; despois que a convección sobre o centro medrase, o sistema acadou o status de depresión tropical. Avanzando en dirección noroeste, a depresión tocou a terra firme, a carón de Fort Walton Beach; foi ó comezo do 22 de setembro, e pouco despois disipouse sobre o sueste de Alabama.

Inicialmente, prevíase que a depresión se movese por terra firme en forma de tempestade tropical menor, pero a ameaza da depresión provocou que se declarase o estado de emerxencia en Mississippi e Luisiana. Era o primeiro ciclón tropical que golpeaba Nova Orleáns dende o Furacán Katrina e a destrutiva tempada de furacáns de 2005. O impacto global do ciclón foi menor e limitado no tocante ás precipitacións. Porén, o sistema precursor produciu un tornado que pasou por Eustis, Florida, causando a destrución de 20 casas e 30 máis con danos importantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]