Deokhye de Corea
Deokhye de Corea | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1912 |
Lugar de nacemento | Complexo de Palácios de Ch'angdokkgung |
Falecemento | 21 de abril de 1989 |
Lugar de falecemento | Complexo de Palácios de Ch'angdokkgung |
Causa | doenza |
Nacionalidade | Corea do Sur |
Alma máter | Universidade de Gakushuin |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Gojong da Coreia |
Cónxuxe | Takeyuki So |
Fillos | Masae So |
Irmáns | Sunjong da Coreia, Yi Un, Prince Yi Kang e Prince Wanhwa |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Deokhye de Corea, nada en Seúl o 25 de maio de 1912 e finada na mesma localidade o 21 de abril de 1989, foi a derradeira princesa do Imperio Coreano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu no palacio Changdeok como a filla máis nova do emperador Gojong e a súa concubina, entón coñecida como Yang Gui-in. O emperador deulle o título de Boknyeong á nai cando pariu a princesa.[1][2] Pero o Xapón non a recoñeceu formalmente ata 1917, por non ser filla da raíña. Nese ano, inscribiron formalmente o seu nome no rexistro da familia imperial. Gojong estableceu no Palacio Deoksu unha gardería para ela á que tamén acudían rapazas da súa idade doutras familias nobres. A partir de 1921 Deokhye estudou na escola elemental Hinodae en Seúl. En 1925 as autoridades xaponesas levárona ao Xapón baixo o pretexto de continuar os seus estudos. Como os seus irmáns foi a Gakushuin, onde estudaba a nobreza xaponesa. Á morte da súa nai en 1929 puido volver a Corea para acudir ao seu funeral da súa nai. Nesa época tivo os primeiros síntomas de demencia precoz.
En maio de 1931 casou co conde Sō Takeyuki (武志; 1923-1985), nun matrimonio concertado cun aristócrata xaponés.[3] Tivo unha filla, Masae (正惠), ou Jeonghye (정혜) en Corea, o 14 de agosto de 1932. O ano seguinte Deokhye recaeu na súa enfermidade mental e pasou varios anos en clínicas de saúde mental.
Coa derrota do Xapón na Segunda Guerra Mundial, Corea recuperou a súa independencia e o seu marido perdeu o seu título de nobreza, ao se abolir no Xapón. O matrimonio divorciouse en 1953. En 1956 perdeu á súa filla e a súa saúde mental resentiuse.
O 26 de xaneiro de 1962, despois de 37 anos,[4] puido volver a Corea. Viviu no palacio Changdeok, con outros membros da antiga familia imperial.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Musical “Deokhye, The Last Princess”". kbs. 25 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2017. Consultado o 02 de outubro de 2016.
- ↑ "덕혜옹주[德惠翁主,1912.5.25~1989.4.21". doopedia.
- ↑ "Life of Joseons Last Princess Revisited". Korea Times. 19 de febreiro de 2010.
- ↑ "Late Joseon Princess Deokhye's life revealed". Asia One. 9 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2017. Consultado o 02 de outubro de 2016.
- ↑ "Princess' belongings to return to Korea". korea.net. 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2017. Consultado o 02 de outubro de 2016.