Dentes de sabre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Reconstrución artística de Smilodon fatalis, o dentes de sabre por excelencia.
Status iucn3.1 EX es.svg

O termo dentes de sabre é un termo xenérico que se usa para describir a numerosas especies de mamíferos dotados de enormes cairos que viviron durante diferentes épocas do Cenozoico.

Estas especies adquiriron os seus característicos dentes de sabre de forma totalmente independente. A morfoloxía dos dentes é un excelente exemplo de evolución converxente, xa que ocorreu repetida e independentemente en polo menos catro grupos diferentes de mamíferos: os macairodontes (Machairodontinae), unha subfamilia dos félidos que inclúe ao famoso Smilodon; os nimrávidos (Nimravidae), unha familia emparentada cos felinos, pero diferente; e finalmente, un par de casos illados dentro dos creodontos (que non son considerados carnívoros auténticos) e os tilacosmílidos, unha familia extinta de metaterios suramericanos.

O atributo máis espectacular e evidente de todos os mamíferos con dentes de sabre son os inmensos cairos superiores. Aínda que o consenso xeral de acordo á súa dentadura é que se usaban para cazar indicando con iso unha alimentación carnívora, a forma exacta na que se usaban foi motivo de debate desde a década de 1880, cando o Smilodon foi descrito por primeira vez.

Suxeición[editar | editar a fonte]

Algúns paleontólogos cren que o propósito principal era o de agarrar e suxeitar presas grandes. A evidencia con todo non apoia suficientemente esta teoría, xa que se demostrou que uns dentes tan longos usados desa forma poderían romper facilmente, e os cranios fósiles cos dentes rotos son raros.

Uso[editar | editar a fonte]

Unha hipótese máis aceptada suxire que os dentes de sabre se usaban para dar dentadas na garganta ou o abdome de presas grandes (Akersten, 1985), ou para causar feridas punzantes profundas que desangrarían o animal.

Outro posible uso é o de estrutura de status social, como case todas as cornamentas. De ser así, isto apoiaría a teoría de que os dentes de sabre eran animais sociais ou talvez fortemente territoriais.

Xéneros salientables[editar | editar a fonte]

Xénero Número de
especies
Período Rexións
Smilodon 4 2,5 millóns de anos (Ma) a 10 000 anos atrás Norte e Suramérica
Hoplophoneus 5 33,7 Ma a 23,8 Ma atrás Norte
Homotherium 1 3 Ma a 10.000 anos atrás Eurasia, África, Norteamérica
Thylacosmilus 1 10 Ma a 1,8 Ma atrás Suramérica
Metailurus 1 15 Ma a 8 Ma antes A China e Europa oriental
Machairodus (devanceiro de Homotherium) 5 15 Ma a 2 Ma antes África, Eurasia e Norteamérica
Megantereon 2 3 Ma a 9.000 anos antes África, Eurasia e Norteamérica
Dinofelis 5 5 Ma a 1,5 Ma antes África, Eurasia e Norteamérica
Paramachairodus 2 20-15 Ma a 9 Ma antes España
Xenosmilus 1 1 Ma antes Florida central
Escultura dun dentes de sabre no Parque Plistocénico de Osorno (Parque Chuyaca - Osorno, Chile).

Árbore evolutiva[editar | editar a fonte]

Tódolos mamíferos con dentes de sabre viviron entre hai 9000 e 33 700 000 anos. Porén, as liñas evolutivas que deron orixe ós xéneros con dentes de sabre comezaron a separarse moito antes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]