Dendrofilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dendrofilia é unha parafilia sexual que describe a atracción sexual cara ás árbores e as plantas, incluíndo o seu uso como obxectos sexuais ou veneración como símbolos fálicos.[1] O termo foi acuñado a comezos do século XX en estudos de antropoloxía,[2] e pode ser entendido como unha forma de estimular a masturbación, nos casos en que se inseren legumes ou froitas na vaxina ou no ano.

O emprego de flores para acariñar o propio corpo ou o do compañeiro sexual tamén pode ser visto, en certo xeito, como un comportamento dendrofílico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Corsini, Raymond J. (1999). The Dictionary of Psychology. Psychology Press. p. 263. ISBN 1-58391-028-X. 
  2. Iwan Bloch, Ernst Vogel (1935). Anthropological and ethnological studies in the strangest sex acts in modes of love of all races illustrated: Oriental, Occidental, savage, civilized. Falstaff Press. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]