Demetrio Macía Castelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Demetrio Macía Castelo
Nacemento31 de marzo de 1821
 Viana do Bolo
Falecemento1882
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Demetrio Macía Castelo, nado en Viana do Bolo o 31 de marzo de 1821 e finado en 1882, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dono do pazo de Arcos en Vilamartín de Valdeorras. Durante o Bienio Progresista foi deputado polo Partido Progresista pola provincia de Ourense. Foi elixido de novo deputado por Ourense en 1858 e formou parte da Unión Liberal pero abandonou este grupo e formou parte da minoría progresista. Foi reelixido deputado por Xinzo de Limia en 1869 e por Valdeorras en 1872 e senador pola provincia de Ourense (1881-1882).

Foi pai de Darío e Demetrio Macía Valcarce.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]