Demetrio Bilbatúa Zubeldia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1896 Soraluze, España |
Morte | 27 de agosto de 1936 (39 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Demetrio Bilbatúa Rodríguez |
Irmáns | Antonio Bilbatúa Zubeldía e Luis Bilbatúa Zubeldia |
Demetrio Tomás Bilbatúa Zubeldia, nado en Soraluze (Guipúscoa) o 21 de decembro de 1896 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un fotógrafo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Tomás Bilbatúa Urien e Luisa Zubeldia Oraa, foi irmán de Antonio e Luís Bilbatúa Zubeldia. Mestre nacional e presidente do Partido Socialista de Vigo. En abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado en Vigo por traizón e condenado a pena de morte. Foi executado co seu irmán Antonio no Cemiterio de Pereiró o 27 de agosto de 1936. Entrementres, a súa nai e a súa irmá Margarita (nada en Xaén en 1901) emigraron a Nova York, nos Estados Unidos, en xuño de 1939 desde Boulogne-sur-Mer, a bordo do S.S. Statendam. Foi pai de Demetrio Bilbatúa Rodríguez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Vanguardia, ed. (28 de abril de 1936). "Las elecciones de compromisarios en provincias". Barcelona: 30. Consultado o 9 de abril de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Faro de Vigo. p. 27. VG 955-2010.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Demetrio Bilbatúa Zubeldia na páxina web Nomes e Voces.