Della H. Raney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDella H. Raney

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Suffolk, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónLincoln Hospital (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeira militar (1941–1978) Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1937 Editar o valor em Wikidata - 1978 Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Rango militarmajor (en) Traducir
Comandante Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Raney-1168 Find a Grave: 120217815 Editar o valor em Wikidata

Della Hayden Raney, nada en Suffolk, Virxinia o 10 de xaneiro de 1912 e finada en Detroit o 23 de outubro de 1987, foi unha enfermeira estadounidense do Corpo de Enfermeiras do Exército dos Estados Unidos de América. Foi a primeira enfermeira afroamericana en presentarse ao servizo na segunda guerra mundial e a primeira en ser nomeada enfermeira xefa.[1] En 1944, converteuse na primeira enfermeira afroamericana afiliada ao Corpo Aéreo do Exército ascendida a capitá, e logo a comandante en 1946.[2] Retirouse do Exército en 1978.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Della H. Raney naceu o 10 de xaneiro de 1912, en Suffolk, no estado de Virxinia.[3] En 1937, gradouse da Escola de Enfermaría do Hospital de Lincoln.[4] Nesta última cidade, traballou como supervisora de operacións e antes de alistarse no exército tamén traballou no Hospital Comunitario de Norfolk, en Virxinia, e no K.B. Hospital Reynolds en Winston-Salem.[1]

En abril de 1941, presentouse ao servizo e foi a primeira enfermeira afroamericana en servir no Corpo de Enfermeiras do Exército durante a segunda guerra mundial.[1][5] Foi comisionada como subtenente e estivo asignada por primeira vez en Fort Bragg, onde traballou como supervisora de enfermaría.[5] O ano seguinte foi transferida ao hospital de campo da Base Aérea do Exército en Tuskegee,[5] onde traballou como enfermeira xefa e en 1944 foi ascendida a capitá.[1] Ese mesmo ano, foi transferida a Forte Huachuca.[2] Nese momento, ela era a única muller afroamericana en obter ese rango e en traballar para as Forzas Aéreas do Exército.[1] En 1946, estaba de licenza terminal (a última licenza concedida a un membro das forzas armadas inmediatamente antes da súa baixa, igual en duración á licenza acumulada non utilizada,[6] do Camp Beale, onde traballaba como enfermeira xefa.[7] Tamén foi ascendida ao rango de comandante ese mesmo ano,[2] o que a converteu na primeira enfermeira afroamericana en obter o rango de comandante no Exército.[8] Na década de 1950, estivo estacionada no Hospital Médico Percy Jones do Exército.[8] Raney serviu no exército até a súa xubilación en 1978.[2]

En 1978, os aviadores de Tuskegee honrárona polo seu servizo.[2] Os seus compañeiros chamábana «Maw Raney».[5] Morreu o 23 de outubro de 1987.[2] En 2012, os aviadores de Tuskegee e a Asociación Nacional de Enfermeiras Negras crearon unha bolsa que leva o seu nome.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Negro Nurses". National Negro Health News 12 (2): 7. abril de 1944 – vía Google Books. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Della Hayden Raney (Jackson)". Army Women's Foundation (en inglés). Consultado o 2023-02-07. 
  3. "Maj. Della H. Raney". African Americans in the U.S. Army. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2021. 
  4. "Those Who Supported the Airmen -The Tuskegee Airmen Nurses". Friends of Tuskegee Airmen National Historic Site. 21 de outubro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Kodosky, Robert J. (2020). Tuskegee in Philadelphia: Rising to the Challenge (en inglés). Charleston, Carolina do Sur: The History Press. p. 126. ISBN 978-1-4671-4467-4. 
  6. "Definición de terminal leave". collinsdictionary.com (en inglés). Consultado o 2023-02-07. 
  7. "Only Negress With Rank of Major Visits Sacramento". The Sacramento Bee. 13 de xullo de 1946. p. 2. Consultado o 2023-02-07 – vía Newspapers.com. 
  8. 8,0 8,1 "Major Della H. Raney". Alabama Tribune. 16 de febreiro de 1951. p. 2. Consultado o 2023-02-07 – vía Newspapers.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]