Delfi-C3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Delfi-C3
Delfi-C3-Stowed.JPG
Delfi-C3 antes do lanzamento.
Tipo Tecnolóxico
Organización Universidade Técnica de Delft (Países Baixos)
Data de lanzamento 28 de abril de 2008[1][2][3][4]
Foguete portador PSLV-CA[5][4]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Sriharikota[2][5][3]
Obxectivo da misión Demostrador tecnolóxico[5][2][3]
NSSDC ID 2008-021G
Masa 6,5 kg[4][3][5]
Semieixo maior 6989,1 km[1]
Inclinación 97,8 graos[1]
Apoapse 629,1 km[1]
Periapse 607,1 km[1]

Delfi-C3 é un satélite artificial construído pola Universidade Técnica de Delft nos Países Baixos e lanzado o 28 de abril de 2008 mediante un foguete PSLV-CA desde o Centro Espacial de Sriharikota.[3][5][1][4]

Características[editar | editar a fonte]

Delfi-C3 é un nanosatélite basado no concepto de Cubesat e ten un peso total de 6,5 kg. Foi construído por estudantes da Universidade Técnica de Deft e adicouse a probar varias novas tecnoloxías, entre as que se atopan:[4][5]

  • O experimento de células solares de película fina.
  • O experimento de sensor solar autónomo sen fíos.
  • O experimento de transceptor avanzado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. «DELFI C3» (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 «Note verbale dated 3 June 2009 from the Permanent Mission of the Netherlands to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General» (PDF) (10-57909). 22 de novembro de 2010. p. 7. Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Mark Wade (2011). «Delfi» (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 NASA (14 de maio de 2012). «Delfi-C3» (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. «Delfi-C3 (DO 64, Oscar 64)» (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2012.