Del otro lado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Del otro lado
Estrea do filme no Festival de Cinema Alternativo de Barcelona, en novembro de 2021.
Ficha técnica
Título orixinalDel otro lado
DirectorIván Guarnizo
ProdutorJorge Caballero
GuiónIván Guarnizo
Nuria Polo
MúsicaNicolás Muñoz M
FotografíaCarlos Villaoslada
MontaxeAriadna Ribas
Iván Guarnizo
EstudioGusano Films
Salon Indien Films
Estrea2021
Duración83 minutos
Orixe Colombia
XéneroDocumental
Na rede
IMDB: tt13498284 Editar o valor em Wikidata

Del otro lado é un filme documental colombiano de 2021 dirixido por Iván Guarnizo.[1] Estreouse o 29 de abril de 2021 no Festival Internacional de Documentais Hot Docs Canadian.[2]

Sinopse[editar | editar a fonte]

O director do filme, Iván Guarnizo, na preestrea do filme en Barcelona.

A nai de Iván morreu días despois logo de comezar as conversas de paz coa guerrilla das FARC. Antes de morrer, díxolle a Iván que perdoara aos seus captores e que non quería que ninguén máis vivise a súa experiencia. Estivera secuestrada durante case dous anos na selva colombiana. O seu irmán e el nunca falaran diso e mesmo chegaron a esquecer o diario que lle permitiron escribir e que levou sempre canda ela, no cal rexistrou os seus 603 días de secuestro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Del otro lado, Documental colombiano en HotDocs relata la travesía de una familia para encontrar al guerrillero que secuestró a su madre Toronto Hispano'. Consultado o 3 de maio de 2021.
  2. boxoffice.hotdocs.ca (ed.). "On the Other Side". Consultado o 19 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]