Deepsea Challenger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Debuxo do DCV1, baseado en imaxes do sitio web de Deepsea Challenger (non a escala).

O Deepsea Challenger (DCV 1) é un sumerxible de inmersión profunda de 7,3 metros deseñado para chegar ao fondo do abismo de Challenger, o punto máis profundo que se coñece na Terra. O 26 de marzo de 2012, o director de cinema canadense James Cameron pilotou o submarino para lograr esta meta, converténdose así no primeiro ser humano en chegar ao abismo de Challenger nun vehículo tripulado por unha soa persoa.[1][2][3][4] Construído en Sydney, Australia, pola empresa de investigación e deseño Acheron Project Pty Ltd, o Deepsea Challenger inclúe equipo científico para toma de mostras, así como cámaras tridimensionais de alta definición. Alcanzou o punto máis profundo do océano logo de case dúas horas de descenso dende a superficie.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Than, Ker (25 de marzo de 2012). "James Cameron Completes Record-Breaking Mariana Trench Dive". National Geographic Society. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  2. Broad, William J. (25 de marzo de 2012). "Filmmaker in Submarine Voyages to Bottom of Sea". New York Times. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  3. AP Staff (25 de marzo de 2012). "James Cameron has reached deepest spot on Earth". MSNBC. Consultado o 25 de marzo de 2012.
  4. Nathan Ingraham (9 de marzo de 2012). "James Cameron and his Deepsea Challenger submarine". theverge.com. Consultado o 10 de marzo de 2012.
  5. "Race to the bottom of the ocean: Cameron". BBC. 22 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2012.