T2-3D: Battle Across Time

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Entrada da atracción T2-3D: Battle Across Time en Universal Studios Florida.

T2-3D: Battle Across Time (tamén coñecido como Terminator 2: 3D e estilizado como T2 3-D) é unha atracción de Universal Studios Japan, con antigas localizacións en Universal Studios Hollywood e Universal Studios Florida. A versión do espectáculo en Universal Studios Hollywood pechou en 2012,[1] e a versión de Universal Studios Florida pechou o 8 de outubro de 2017.[2][3]

A atracción é unha pequena secuela de Terminator 2: O xuízo final e reúne ao director James Cameron e o elenco principal do filme, incluíndo a Arnold Schwarzenegger como Terminator, Linda Hamilton como Sarah Connor, Edward Furlong como John Connor e Robert Patrick como o T-1000. O espectáculo presentouse en dúas partes; un pre-show onde unha anfitrioa da compañía Cyberdyne Systems mostra aos convidados un breve vídeo de presentación sobre as innovacións da compañía, e o espectáculo principal, onde os intérpretes en directo interactúan cunha película en 3D.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Terminator 2: 3D". Universal Studios Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2012. Consultado o 8 de novembro de 2012. 
  2. Sposato, Sean (9 de outubro de 2017). "TRIBUTE: Terminator 2: 3D attraction permanently closes after 21 years at Universal Orlando". Inside the Magic. Consultado o 4 de abril de 2019. 
  3. "Terminator 2: 3-D to close at Universal Orlando Resort". 7 de setembro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]