Decatur, Xeorxia
Decatur, Xeorxia | |
---|---|
![]() | |
Xulgados de Decatur | |
Localización | |
País | ![]() |
Estado dos Estados Unidos | ![]() |
Xeografía | |
Altitude | 318 msnm |
Superficie | 10.8 km² km² |
Demografía | |
Poboación | 19.853 (2012) |
Densidade | 1,800//km² |
Outros datos | |
Código postal | 30030-30037 |
decaturga.com/ |
Decatur é unha vila situada no condado de DeKalb no estado estadounidense de Xeorxia. Segundo o censo de 2010, a súa poboación era de 19.335 habitantes.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Decatur foi fundada en 1822 na intersección de dúas rutas nativas americanas: o Sandtown, que leva ao leste do río Chattahoochee en Utoy Creek, e o Shallowford, que precede ao actual Clairmont Road e cruza preto de Roswell. A cidade foi chamada así en honor ao heroe naval Stephen Decatur.
Na década de 1830, a compañía Western and Atlantic Railroad quería facer de Decatur a parada situada máis ao sur da súa liña. Os cidadáns de Decatur non querían o ruído, a contaminación e o crecemento que viría cun terminal tan importante, polo que rexeitaron a proposta. En resposta, o ferrocarril fundou unha nova cidade ao oeste-suroeste de Decatur para o terminal. Esta cidade máis tarde converteuse na cidade de Atlanta.
Durante a Guerra Civil Americana, Decatur converteuse nun lugar estratéxico na batalla de Atlanta.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Segundo a Oficina do Censo, a localidade ten unha área total de 10,8 km².
Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]
Decatur está irmandada con outras tres cidades:[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Race, Hispanic or Latino, Age, and Housing Occupancy: 2010 Census Redistricting Data (Public Law 94-171) Summary File (QT-PL), Decatur city, Georgia". U.S. Census Bureau, American FactFinder 2. Consultado o October 28, 2011.
- ↑ "Online Directory: Georgia, USA". Sister Cities International. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2008. Consultado o 2007-09-28.