Deborah García Bello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDeborah García Bello

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Coñecido porblog Dimetilsulfuro
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímica , investigadora , escritora , divulgadora científica , pedagoga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
7 de decembro de 2014Órbita Laika (en) Traducir
2006Efervesciencia Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdeborahciencia.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm13108550 Twitter: deborahciencia Youtube: UCibUX4QoSrRwmBZf0Ig-OCg Dialnet: 4478507 Editar o valor em Wikidata


Deborah García Bello, nada na Coruña en 1984 é unha licenciada en Química[1] e divulgadora da ciencia, que mantén o blog Dimetilsulfuro.[2] Ten participado en Naukas (ed. 2017)

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Química, e durante oito anos deu clase de materias científicas no ensino medio. Comezou a traballar en divulgación científica ata que este labor se converteu na súa dedicación única. Mantén un blog de divulgación, Dimetilsulfuro, e dirixiu diversas xornadas de divulgación científica, como as de Arte & Ciencia no Museo Guggenheim de Bilbao ou a cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco.

Ademais é membro de Divulgaccion, da Asociación Española de divulgación Científica e colaboradora en Efervesciencia. Está a cursar o doutoramento na Universidade da Coruña en divulgación científica.

En 2018 participou no programa Girl STEM.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Todo es cuestión de química (Ed. Paidós, 2016).
  • ¡Que se le van las vitaminas!. Mitos y secretos que solo la ciencia puede resolver (Ed. Paidós, 2018)[4]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Bitácoras 2014 como mellor blog de Ciencia en España
  • Premio Tesla de Divulgación Científica 2016.
  • Premio Prisma da Casa das ciencias de Divulgación 2017 ao Mellor libro editado, por “Todo es cuestión de química”, publicado pola Editorial Paidós, un libro que, segundo o xurado 'achega a química aos lectores a través de exemplos da vida cotiá'[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Perfil". Dimetilsulfuro. Arquivado dende o orixinal o 01/11/2020. Consultado o 18/09/2017. 
  2. "dimetilsulfuro". Consultado o 18/09/2017. 
  3. Sarasketa, Fernando (8 de outubro de 2018). "Deborah García e Girl STEM animan ás rapazas de Lugo a ser innovadoras". Código Cero. Consultado o 9 de outubro de 2018. 
  4. Pérez Pena, Marcos. "Tan inculta é a persoa de ciencias que non sabe de arte coma alguén de letras sen nocións de cultura científica". Consultado o 12 de marzo de 2018. 
  5. "DICTAME DO XURADO DA XXX CONVOCATORIA DOS PRISMAS CASA DAS CIENCIAS Á DIVULGACIÓN". mc2. Arquivado dende o orixinal o 29/01/2020. Consultado o 18/09/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]