Dean Ween

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDean Ween

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Michael Melchiondo Editar o valor em Wikidata
25 de setembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
New Hope, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesDean Ween
Mickey Moist Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónChaminade College Preparatory School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0917395 Musicbrainz: 1023ddb4-c0cb-4ee3-9a9b-1c3eb383f226 Songkick: 2759131 Discogs: 305346 Editar o valor em Wikidata

Michael "Mickey" Melchiondo Jr., nado o 25 de setembro de 1970 e coñecido polo seu nome artístico Dean Ween, é un guitarrista estadounidense, e a metade da banda de rock alternativo Ween. No presente Melchiondo está activo cos grupos Moistboyz, The Dean Ween Group e Ween.

Biografía[editar | editar a fonte]

Melchiondo coñeceu a Aaron Freeman nunha clase de mecanografía no instituto na súa cidade natal de New Hope, Pensilvania. Os dous adoptaron o apelido ficticio Ween, collendo Melchiondo o nome de Dean Ween e Freeman o de Gene Ween.

En 1991 Melchiondo formou un dúo de punk rock con Guy Heller chamado Moistboyz, editando cinco álbum de estudio, todos eles autotitulados.[1]

Melchiondo colaborou en dous proxectos do seu amigo Josh Homme: The Desert Sessions e Queens of the Stone Age. No álbum de 2002 de Queens of the Stone Age Songs for the Deaf, Melchiondo tocou a guitarra en "Mosquito Song", "Gonna Leave You" e "Six Shooter".[2]

En 2009 Melchiondo recibiu a súa licenza de capitán e adoita a organizar viaxes de pesca na costa de Jersey cunha empresa chamada Mickey's Guide Service.[3][4]

En 2012, tras a separación de Ween, Melchiondo formou The Dean Ween Group. En agosto de 2016 anunciouse o álbum de estrea de The Dean Ween Group, The Deaner Album, que foi editado o 21 de outubro a través do selo ATO Records. Un segundo álbum, rock2, foi editado en marzo de 2018.

En novembro de 2015 Ween anunciou a súa reunión.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Moistboyz". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-30. 
  2. Dansby, Andrew; Dansby, Andrew (2001-11-29). "Queens Ready “Songs for the Deaf”". Rolling Stone (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 2019-11-30. 
  3. "Mickey's Guide Service". mickeysfishing.com. Consultado o 2019-11-30. 
  4. Rose, Lisa (2011-06-14). "By night, he's a rock star -- by day, he's a fisherman". nj (en inglés). Consultado o 2019-11-30. 
  5. "WEEN". web.archive.org. 2015-11-17. Archived from the original on 17 de novembro de 2015. Consultado o 2019-11-30.