De Vacas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
De Vacas
De Vacas nunha actuación musical no Porriño (2018)
OrixeGalicia Galicia
Período2015 - Actualidade
MembrosInés Salvado (a Marela)
Faia Díaz (a Pinta)
Paula Romero (a Morena)
Guillerme Fernández (a Rubia)
Na rede
https://devacas.gal/
Facebook: devacasdv Twitter: devacasdv Instagram: devacas Youtube: UCNFKDJh11Ymdsr0E_Siuw0Q Editar o valor em Wikidata

De Vacas é un cuarteto musical formado polas vocalistas Inés Salvado (a Marela), Faia Díaz (a Pinta) e Paula Romero (a Morena) e o guitarrista Guillerme Fernández (a Rubia).[1] O grupo fai versións en galego de temas comerciais, mudando a letra e dándolles un formato retranqueiro e divertido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De Vacas na Festas do Santiaguiño (2017)

De vacas naceu cando Faia, Inés e Paula, que cantaban xuntas no coro da Rá de Santiago,[2] descubriron nunha conversa que todas eran fans das Spice Girls. Decidiron naquel momento crear un grupo co que reivindicar a súa música. Para iso incorporaron á formación o experimentado músico Guillerme Fernández, guitarrista de grupos ben coñecidos como Berrogüetto ou aCadaCanto.[3]

O seu primeiro videoclip foi lanzado en 2015, unha versión do "Gangnam Style" do rapeiro coreano PSY.[4] O seu primeiro concerto foi o verán do ano seguinte, no festival Feito a Man de Santiago, onde percibiron unha boa acollida por parte do público.[3] En 2017 publicaron un novo clip: Amodiño, unha versión do "Despacito" do cantante Luis Fonsi. Axiña se fixo viral nas redes sociais, o que as popularizou definitivamente. Desde aquela teñen sacado versións doutros artistas como Enrique Iglesias, Michel Teló, Rosalía, Sabrina ou Pitbull.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "QUEN SOMOS". De Vacas. Consultado o 2022-03-30. 
  2. CoroDaRa (05/07/2010). Coro da Ra - Vídeo Presentación (Youtube). 
  3. 3,0 3,1 Novoa, Tamara (2018-02-15). "De Vacas: “Na versión do Despacito contamos unha experiencia sexual desde a perspectiva da muller”". A Movida. Consultado o 2022-03-30. 
  4. "Vídeo de Gangnam Style cantado en swing por De Vacas, emergente trío vocal de Galicia". La Ganzua (en castelán). 2015-07-17. Consultado o 2022-03-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]