David de la Fuente
Aparencia

David de la Fuente Rasilla, nado o 4 de maio de 1981 en Reinosa (Cantabria), é un ciclista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou coma profesional no ano 2003 co equipo italo-español Vini Caldirola.
No ano 2006 conseguiu o seu maior logro coma profesional, coa consecución do premio da combatividade no Tour de Francia 2006. Nesa mesma carreira foi posuidor do maillot da montaña durante varias xornadas. Finalmente ocupou a 3ª posición por detrás de dous ciclistas que posteriormente serían descualificados por dopaxe: Michael Rasmussen e Floyd Landis.
Palmarés
[editar | editar a fonte]2006
- Premio da combatividade no Tour de Francia
2007
- Gañador do G.P. Llodio
2008
- Gañador da segunda etapa da Volta a Alemaña
Equipos
[editar | editar a fonte]- Vini Caldirola (2003)
- Saunier Duval - Prodir (2004 - 2008)
- Scott-American Beef (2008)
- Fuji - Servetto (2009)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial de David de la Fuente Arquivado 01 de decembro de 2020 en Wayback Machine.
- Peña David de la Fuente de Ramales