David Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Pazos
Información persoal
Nome David Pazos Fuentes
Posición Ala
Información de club
Club actual Noia
Número 8
Carreira xuvenil
Calo
2005–2011 Autos Lobelle
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2014 Autos Lobelle 68 (19)
2014–2017 Inter Movistar 56 (18)
2015–2016 Ribera Navarra 30 (10)
2017–2018 Palma Futsal 21 (8)
2018–2020 Ribera Navarra 50 (15)
2020–2023 Burela 81 (49)
2023– Noia Portus Apostoli 16 (6)
Selección nacional
2014– España
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de xaneiro de 2024.

David Pazos Fuentes, nado en Ames o 21 de novembro de 1993, é un xogador de fútbol sala galego, que xoga como ala no Noia Portus Apostoli, da Primeira División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouxe como xogador de fútbol sala na canteira do Lobelle, no que ingresou con 12 anos.[1] Na tempada 2010/11 debutou co primeiro equipo na Copa Galicia, e con só 17 anos xogou o seu primeiro partido na Primeira División, da man do adestrador Tomás de Dios.[2] Axiña se converteu nunha peza importante do equipo santiagués, co que xogou tres campañas na máxima categoría.

En xuño de 2014 fichou polo Inter Movistar. Alí compartiu equipo con destacados xogadores como Ricardinho, Rafael Rato, Fernando Cardinal ou o tamén galego Pola, gañando tanto a liga como a Copa do Rei, e contribuíu con 17 goles en 45 partidos.[3] Na tempada 2015/16 xogou cedido no Ribera Navarra, antes de regresar ao Inter e gañar tres novos títulos na mesma campaña (liga, Copa de España e Liga de Campións).[4]

En 2017 fichou polo Palma Futsal, onde xogou un ano, regresando a continuación dous anos ao Ribera Navarra.[5]

No ano 2020 regresou a Galicia, fichando polo Burela. Militou no club da Mariña durante tres anos, os dous primeiros na Primeira División e o último na Segunda, despois de perder a categoría en 2022. Na categoría de prata, David Pazos proclamouse máximo goleador da competicón, con 37 goles en 35 partidos, e foi elixido mellor xogador da liga.[6] En xuño de 2023 asinou como novo xogador do Noia, volvendo así á Primeira División.[7]

Selección española[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección española o 15 de setembro de 2014, nun partido ante Romanía en La Nucía.[8]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Inter Movistar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "David Pazos: "Llegué al Lobelle con 12 años y antes ya lo seguía"". El Correo Gallego (en castelán). 12 de agosto de 2011. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  2. "El juvenil David Pazos debutó con el primer equipo del Lobelle". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de setembro de 2011. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  3. Rodríguez dos Santos, Juan Carlos (17 de xuño de 2014). "Comunicado oficial: Inter Movistar hace oficial el fichaje del ala gallego David Pazos" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  4. "David Pazos, un campeón de Europa y de Liga para el Palma" (en castelán). 21 de xuño de 2017. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  5. "El gallego David Pazos vuelve al Aspil-Vidal Ribera Navarra". Eurosport (en castelán). 19 de xullo de 2018. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  6. Rolle, Iván (30 de xuño de 2023). "David Pazos sí asciende a Primera División". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  7. "O Noia Portus Apostoli ficha a David Pazos". Televisión de Galicia. 30 de xuño de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  8. "Más de 2.500 personas llenaron el Pabellón en el España vs. Rumanía de Fútbol Sala" (en castelán). 16 de setembro de 2014. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]