Ribera Navarra Fútbol Sala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aspil-Vidal Ribera Navarra
NomeRibera Navarra Fútbol Sala
Fundación2001
EstadioPolideportivo Ciudad de Tudela
Tudela, Navarra, España España
Capacidade1.000
Presidenteespañol Alberto Ramírez
AdestradorFlag of Spain.svg Pato
Liga1ª División
2017-18
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

O Ribera Navarra Fútbol Sala, coñecido por motivos de patrocinio como Aspil-Vidal Ribera Navarra, é un equipo de fútbol sala español da cidade de Tudela (Navarra), fundado en 2001. Dende a tempada 2011/12 xoga na Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala.

Historia[editar | editar a fonte]

O Ribera Navarra FS xestouse a finais de 2000, cando un grupo de persoas liderado por José Luis Ruiz creou un equipo para toda a comarca, ata entón sen representación nese deporte. En marzo de 2001 constituíuse oficialmente como Ribera Navarra Fútbol sala, e durante as súas primeiras tempadas xogou en Primeira Nacional B, así como en torneos comarcais e rexionais.

No ano 2004/05 xogou por primeira vez en Primeira Nacional A, terceira categoría do futsal español, ao fusionarse e tomar a praza do Metales San Jorge. Con todo, o seu paso pola categoría durou só esa tempada e ao ano seguinte descendeu a Nacional B. Durante todo ese tempo, Ribera Navarra traballou en consolidar os equipos xuvenís e en crear unha escola de fútbol sala para a cidade de Tudela, que abriu en 2006.

Ribera Navarra subiu a División de Prata na tempada 2008/09, onde permaneceu dúas tempadas baixo o patrocinio de Ríos Renovables, unha empresa de enerxías renovables. Cun forte investimento en fichaxes, na súa maioría xogadores veteranos ou descartes doutros clubs, Ribera Navarra subiu a División de Honra na tempada 2010/11. O equipo finalizou a tempada regular en segunda posición, e venceu no playoff de ascenso a BP Andorra e UPV Maristas Valencia.

Para afrontar a máxima categoría, o club reestruturouse.​ En febreiro de 2017, José Luis Ruiz dimitiu como máximo responsable da entidade, facéndose cargo como presidente Alberto Ramírez Arregui.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 8
  • Tempadas en : 2
  • Tempadas en 2ªB: 3
  • Tempadas en : 5

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
2001/02 1ª Nacional B
2002/03 1ª Nacional B
2003/04 1ª Nacional B
2004/05 1ª Nacional A
2005/06 1ª Nacional B
2006/07 1ª Nacional B
2007/08 1ª Nacional A 10º
2008/09 1ª Nacional A
2009/10 D. Prata 13º
Tempada Categoría Posto Play-off
2010/11 D. Prata
2011/12 1ª División 12º
2012/13 1ª División 1/4 de final
2013/14 1ª División 1/4 de final
2014/15 1ª División 1/4 de final
2015/16 1ª División 1/4 de final
2016/17 1ª División
2017/18 1ª División
2018/19 1ª División

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]