David Gómez Martínez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de febreiro de 1981 O Rosal |
| Altura | 185 cm |
| Peso | 90 kg |
| Actividade | |
| Ocupación | atleta |
| Nacionalidade deportiva | España |
| Deporte | atletismo |
| Disciplina deportiva | décatlon |
| Participou en | |
| agosto de 2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
| 2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
| Sitio web | davidgomezmartinez.es |
David Gómez Martínez, nado no Rosal o 13 de febreiro de 1981, é un atleta galego, especializado en décatlon.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Formou parte da sección de atletismo do Celta de Vigo. Estivo presente nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e Beijing 2008, mais non puido particiñar nos de Londres 2012 por unha rotura do tendón de Aquiles que o obrigou a retirarse como atleta.
Seguiu vinculado ao atletismo como adestrador de tecnificación de probas combinadas no Celta Atletismo. Posteriormente, foi formando progresivamente un grupo orientado á preparación das probas físicas das distintas oposicións existentes. Máis tarde desvinculouse do Celta Atletismo debido ás súas continuas reivindicacións ante o Concello para reclamar unhas instalacións deportivas acordes coas necesidades e coa importancia da cidade.[Cómpre referencia]
Continúa vinculado ao deporte e á formación de atletas, coa intención de seguir contribuíndo ao desenvolvemento de novos deportistas.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É pai de dúas fillas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial de David Gómez Arquivado 01 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- FichaArquivado 31 de decembro de 2019 en Wayback Machine. na páxina web Celta Atletismo.
- Ficha Arquivado 18 de xuño de 2010 en Wayback Machine. na web da RFEA.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |