David Calle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Calle

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Coslada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVelilla de San Antonio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid - enxeñaría de telecomunicacións Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónacadémico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: davidcpvm Youtube: UC3RYy7GbMHDvPQGCdAh3H5g Editar o valor em Wikidata

David Calle Parrilla, nado en Coslada, Madrid, o 15 de decembro de 1972, é un enxeñeiro de telecomunicacións, profesor e youtuber español, fundador da web Unicoos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse na Universidade Politécnica de Madrid e comezou a traballar en Xfera - Yoigo. Despois dunha crise no sector das telecomunicacións en 2005, volveu dar clases, como fixera cando era estudante. En 2007, fundou unha academia preto de Madrid. Consciente da necesidade de máis horas de ensino para a comprensión dos conceptos técnicos, comezou a utilizar YouTube para titoriais en 2011, creando así a súa canle, Unicoos,[1] que se converteu nunha organización educativa de referencia para os hispanofalantes, ofrecendo clases de matemáticas e ciencias para estudantes de bacharelato e da universidade. En 2014 expandiu Unicoos cunha plataforma web, proporcionando educación gratuíta en liña. Agora, en 2023, a súa canle ten case 1,5 millóns de subscritores e recibiu o Botón Ouro de YouTube.[2]

En 2017, estivo entre os dez finalistas do Global Award for Teaching e foi nomeado unha das persoas máis creativas do mundo segundo Forbes.[3] [4][5] Como conferenciante, participou en ciclos de Afundación e FaroEduca do Faro de Vigo.[6][7][8]

Obra publicada[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez, David (2014-01-17). "Clases particulares gratis en Youtube para los estudiantes de ciencias". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2023-07-19. 
  2. Barnés, Héctor G. (2016-12-16). "David Calle, el español que puede ser el mejor profesor del mundo, es un 'youtuber'". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2023-07-19. 
  3. "David Calle - The Global Teacher Prize". The Global Teacher Prize (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2017. 
  4. "El profesor 'youtuber' roza el 'nobel' de educación". www.elespanol.com (en castelán). 19 de marzo de 2017. Consultado o 22 de mayo de 2017. 
  5. "¿CUÁNTO PESAN LAS NUBES?". CasadelLibro.com (en castelán). 2018-03-22. Consultado o 2023-07-20. 
  6. "Afundación organizará unha conferencia de David Calle en Vigo". www.afundacion.org (en irlandés). Consultado o 2023-07-20. 
  7. "«Flipped classroom ou como lles dar unha volta ás clases» con David Calle. Vigo". www.afundacion.org. Consultado o 2023-07-20. 
  8. "FARO apoya el avance en educación del siglo XXI". Faro de Vigo (en castelán). 2019-09-01. Consultado o 2023-07-20. 
  9. "David Calle: «Los superhéroes dan mucho juego para explicar física»". Diario Sur (en castelán). 9 de mayo de 2018. Consultado o 9 de mayo de 2018.