Davi Kopenawa Yanomami
Davi Kopenawa Yanomami | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1956 |
Lugar de nacemento | Estado do Amazonas |
Nacionalidade | Brasil |
Etnia | Pobo yanomami |
Ocupación | xamán, político e ecoloxista |
Premios | Orde do Mérito Cultural, Premios Nobel Alternativos, Prêmio ABRA de Roteiro e honorable mention |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Davi Kopenawa Yanomami, tamén coñecido como Davi Kobenawä Yanomamö, nado en Toototobi en 1956, é un xamán yanomami e representante dos indíxenas do seu pobo no Brasil. Acadou recoñecemento pola súa defensa do seu pobo e da conservación da selva amazónica cando a organización polos dereitos tribais the tribal rights organization Survival International o convidou a aceptar o Premio Right Livelihood en 1989. Yanomami falou perante os parlamentos británico e sueco sobre o catastrófico impacto nos yanomami por mor da invasión ilegal das súas terras por 40 000 ‘garimpeiros’ ou buscadores de ouro. O príncipe Carlos de Inglaterra considerou publicamente a situación como un ‘xenocidio’.[1] Nun período de sete anos entre 1987 e 1993 un quinto da poboación yanomami morreu por mor da malaria e outras doenzas transmitidas polos mineiros.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ princeofwales.gov.uk, ed. (6 de febreiro de 1990). "A speech by HRH The Prince of Wales titled The Rainforest Lecture for Friends of the Earth, the Royal Botanic Gardens, Kew". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2007. Consultado o 08 de agosto de 2019.
- ↑ Survival International, ed. (2000). "Disinherited – Indians in Brazil" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de abril de 2009. Consultado o 08 de agosto de 2019.