Dashdorjiin Natsagdorj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dashdorjiin Natsagdorj
Natsagdorj.jpg
Nacemento 17 de novembro de 1906
Lugar Töv
Falecemento 13 de xuño de 1937
Lugar Ulán Bátor
Nacionalidade Mongolia
Ocupación poeta, escritor e tradutor
editar datos en Wikidata ]

Borjgin Dashdorjiin Natsagdorj (en mongol: Боржгин Дашдоржийн Нацагдорж), nado en Darkhan Chin Wang o 17 de novembro de 1906 e finado en 1937, foi un escritor mongol, considerado un dos fundadores da literatura mongol moderna[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natsagdorj naceu ás beiras do lago Gün Galuutai nunha familia empobrecida da baixa nobreza (hohi taiji). Estudou na casa cun titor como era o común entre as clases educadas da Mongolia na época ao existir poucos centros educativos no país. Desde os once anos traballou no departamento militar como escribán. Logo da revolución de 1921 e da formación da República Popular en 1924 era membro da escasa clase intelectual que podía dirixir un Estado moderno. E Natsagdorj fixo carreira no exército e foi un dos fundadores da Liga Xuvenil Comunista. En 1925 pasou un ano na Academia Militar de Leningrado e entre 1926 e 1929 estudou en Alemaña e Francia e á súa volta a Mongolia traballou como primeiro como intérprete no Instituto de Ciencias e despois como xefe do departamento de historia, e foi un dos fundadores da Unión de Escritores de Mongolia. A partir de 1930, Natsagdorj comezou a diverxer das ideas da Mongolia socialista. En 1932 arrestárono mais quedou libre nese mesmo ano. En 1936 volvérono deter e pasou cinco meses en traballos forzados.

Obra[editar | editar a fonte]

Un monumento preto de Baganuur cunha inscrición do poemaМиний нутаг de Natsagdorj

Natsagdorj era coñecedor da tradición literaria mongol, especialmente da poesía popular mais foi o primeiro en inserir a tradición literaria occidental na mongol e converteuse nun pionerio da poesía e a narrativa mongol moderna. Durante a súa etapa alemá comezou a compoñer os seus priemiros poemas. Os seus poemas cobren unha variedade de temas que inclúen patrióticos, revolucionarios, pedagóxicos, cognitivos e amorosos. O poema "Мinii nutag" ("A miña patria"), é o máis famoso dos seus escritos e un dos poemas máis coñecidos da literatura mongol[2], nel eloxia a fermosa variedade do seu país, e lista aqueles elementos xeográficos máis relevantes do país, incluíndo o territorio próximo ás súas fronteiras administrativas e cunha boa dose dos espereotipos fixados na tradición literaria oral e escrita (ríos cristalinos, montañas eternamente cubertas de neve, ceo azul) salientando a continuidade entre o pobo mongol e a terra. Autor de relatos, estes percorren vieiros novos na prosa mongol, realistas e á vez poéticos mais tamén didácticos e propagandísticos da nova Mongolia socialista[3]. Tamén traduciu a autores como Pushkin, Poe ou Maupassant e escribiu teatro.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Алс газар сурахаар явагч (1927)
  • Миний нутаг (1930—1933)
  • Миний хэнз хурга (1930)
  • Харанхуй хад (1930)
  • Шувуун саарал (1930)
  • Ламбагуайн нулимс (1931)
  • Нойрын дунд (1931)
  • Хөдөө талын үзэсгэлэн (1931)
  • Хуучин хүү (1934)
  • Соёлыг гайхав (1934)
  • Монголын үрс олон болтугай (1934)
  • Адууны манаанд (1934)
  • Үзэгдээгүй юм (1935)
  • Хайран охин (1935)
  • Миний ээж (1935)
  • Ертөнцийн гурван гайхамшиг (1935)
  • Өргүй бол баян өвчингүй бол жаргалан (1935)
  • Эрүүл явбал улсын наадмыг үзнэ (1935)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dashdorjiin Natsagdorj (1906-1937) John Gombojab Hangin The Mongolia Society Bulletin Vol. 6, No. 1 (11) (Spring, 1967), pp. 15-22
  2. Peter K. Marsh (2008) The Horse-head Fiddle and the Cosmopolitan Reimagination of Tradition in Mongolia. Routledge, p. 86
  3. C. R. Bawden (2004) Mongolian Literature Anthology Routledge