Darwinismo social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Charles Darwin, promotor da teoría da evolución e da selección natural.

O darwinismo social é unha teoría social[1] que defende que a teoría da selección natural de Charles Darwin ten aplicacións sociais en comunidades humanas. Está baseado na idea da supervivencia do máis apto[2] concibido como mecanismo de evolución social[3] e a crenza de que o concepto darwiniano da selección natural pode ser empregado para o manexo da sociedade humana, insistindo na competición[4] (étnica, nacional, de clase, etc.) por recursos naturais ou diversos postos sociais.

O darwinismo social está baseado en interpretacións sobre os escritos de Darwin, que foron expostas teoricamente por Herbert Spencer nun inicio, e posteriormente usadas para fins políticos, tendo numerosos partidarios.[5] O darwinismo social gozou dunha grande aceptación en círculos académicos[6] e foi unha grande influencia en países imperialistas a finais do século XIX e na primeira metade do século XX.

O paleontólogo Stephen Jay Gould denunciou duramente as bases do darwinismo social, considerando que os seus argumentos, baseados nunha "falsidade científica", conduciron á matanza de millóns de seres humanos e perpetuaron as inxustizas sociais, baseándose na suposta inferioridade innata dalgúns seres humanos.[7]

Os "darwinistas sociais" percibíronse a si mesmos como actores que aplican as bases biolóxicas darwinianas á sociedade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pilar Mendieta (2010), "Entre la Alianza y la Confrontación", páx 245
  2. Rafael Huertas García Alejo (1998), "Clasificar y educar: historia natural y social de la deficiencia", páxina 155
  3. A Dictionary of Philosophy.- Pan/Macmillan 1973 (84)
  4. Jacob Darwin Hamblin, "Science in the Early Twentieth Century: An Encyclopedia", pág 270
  5. Rick Tilman (2001): Diversos evolucionistas comenzaron a explotar las ideas darwinianas para lograr sus propios fines políticos, en Darwin’s Impact: Social Evolution in America, 1880–1920" Arquivado 08 de novembro de 2010 en Wayback Machine. (conclusión)
  6. Blake Truscott, Robert (1998), The Best Review for the PLACE, Program for Licensing Assessments for Colorado Educators, Research & Education Assoc., p. 366
  7. Stephen Jay Gould (2009), "La falsa medida del hombre", Drakontos bolsillo