Daniel Ripa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daniel Marí Ripa

Actualmente no cargo
Dende o 16 de xuño de 2015

Podemos logo círculos.svg
Secretario xeral de Podemos-Asturias
Actualmente no cargo
Dende o 12 de febreiro de 2015

Datos persoais
Nacemento 25 de xullo de 1982
Jaca
Partido Podemos
Profesión psicólogo
Alma máter Universidade de Oviedo
UNED
Twitter @Daniel_Ripa

Daniel Marí Ripa, nado en Jaca (provincia de Huesca) o 25 de xullo de 1982, é un político español, deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias por Podemos desde 2015.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Daniel Ripa é licenciado en Psicoloxía e Ciencias do Traballo pola Universidade de Oviedo, experto en Políticas de Inclusión Social pola UNED e doutor en psicoloxía pola Universidade de Oviedo. Tivo diversos empregos como orientador laboral, camareiro, técnico en prevención de drogodependencias, bibliotecario, mozo de almacén ou xestor de cooperación social ata que comezou a súa investigación predoutoral sobre o impacto das empresas na saúde.[3][4]

En febreiro de 2015 foi escollido secretario xeral de Podemos en Asturias,[3] conseguindo un escano como deputado nas eleccións autonómicas de maio.

En decembro de 2017 foi reelixido secretario xeral de Podemos en Asturias.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marí Ripa, Daniel. Junta General del Principado de Asturias.
  2. Daniel Ripa. Transparencia Podemos.
  3. 3,0 3,1 Daniel Ripa es elegido primer secretario general de Podemos Asturias. Arquivado 29 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. Asturias Hoy. 14 de febreiro de 2015.
  4. Daniel Ripa obtiene una calificación de sobresaliente por su tesis doctoral. La Nueva España. 27 de xaneiro de 2016.
  5. Daniel Ripa se impone por goleada en las primarias de Podemos en Asturias. La Nueva España. 14 de decembro de 2017.