Daniel M. Tani
Daniel M. Tani | |
---|---|
![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 1 de febreiro de 1961 |
Lugar | Ridley Park |
Actividade | |
Misións | Expedição 16, STS-122, STS-108 e STS-120 |
Tempo no espazo | 131,75 días |
Premios | Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo" e Medalha de Serviço Distinto da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] |
Daniel M. Tani, nado en Ridley Park, Pensilvania, o 1 de febreiro de 1961, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-122, STS-108 e STS-120 e foi membro da Expedición 16 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tani graduouse en enxeñaría mecánica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1984 e é máster na mesma materia pola mesma institución en 1988.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando nas misións STS-122, STS-108 e STS-120 e sendo membro da Expedición 16 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 131,75 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2022). "Tani, Daniel Michio" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2012). "DANIEL M. TANI NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel M. Tani ![]() |