Daniel Fraga Aguiar
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1877 Ourense |
Morte | valor descoñecido |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Daniel Fraga Aguiar, nado en Ourense o 30 de marzo de 1877, foi un profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filosofía e Letras. Foi profesor do Instituto de Lugo. Catedrático de Latín do Instituto de Pontevedra e vicepresidente da Deputación de Pontevedra durante a ditadura de Primo de Rivera, foi elixido en 1927 membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante das deputacións provinciais. Despois foi catedrático do Instituto de Segovia, do que foi nomeado director en decembro de 1936[1].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vigo, en 1908, con María Álvarez Gómez[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario de Pontevedra, 26-12-1936, p. 3.
- ↑ El Norte de Galicia, 7-9-1908, p. 2.