Dan Majerle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dan Majerle
Posición Escolta / Aleiro
Dorsal 9
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 101 kg (222 lb)
Nacemento 9 de setembro de 1965 (58 anos)
Traverse City, Míchigan
Carreira
Universidade Central Michigan (1984–1988)
NBA Draft 1985 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Phoenix Suns
Tempadas 19882002
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     10 925 (11,4 pp)
Roubos     1 194 (1,3 pp)
Triplas     1 360
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador
  • Phoenix Suns (2008–2013) (asistente)
  • Grand Canyon University (2013–presente)

Daniel Lewis Majerle, nado o 9 de setembro de 1965 en Traverse City, Míchigan, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou na National Basketball Association (NBA) dende 1988 até 2002. Xogaba nas posicións de escolta e aleiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Majerle foi seleccionado na 14ª posición do Draft da NBA de 1988 polos Phoenix Suns. Xogou 14 anos na NBA, maiormente nos Phoenix Suns, e tamén nos Miami Heat e os Cleveland Cavaliers. Foi elixido tres veces para xogar o NBA All-Star Game, en 1992, 1993 e 1995.

Gañou a medalla de bronce coa selección dos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 1988, e a medalla de ouro no Campionato do Mundo da FIBA de 1994.[1]

Adestrador[editar | editar a fonte]

Majerle foi adestrador asistente dos Phoenix Suns de 2008 a 2013. O 15 de marzo de 2013, anunciouse que Majerle ía adestrar á Grand Canyon University na súa primeira tempada coma equipo da Division I da NCAA.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1994 USA Basketball". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2007. Consultado o 31 de maio de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]