Damir Džumhur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Damir Džumhur
Damir Dzumhur Nice 2016.JPG
Nacemento20 de maio de 1992
 Saraxevo
NacionalidadeBosnia e Hercegovina
Ocupaciónactor, tenista e actor de cinema
editar datos en Wikidata ]

Damir Džumhur, nado en Saraxevo o 20 de maio de 1992, é un tenista bosníaco, o número un do seu país[1], forma parte do equipo de Copa Davis de Bosnia Hercegovina dende 2010[2] e competiu nas olimpíadas de 2016.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xuvenil, chegou a ser o número tres do mundo e bronce nas olimpíadas da xuventude de 2010. Foi o primeiro xogador bosníaco en participar nun torneo da ATP e mais tamén o primeiro en chegar a unha final. Ao gañar o aberto de San Petersburgo de 2017 en individuais, converteuse o primeiro xogador do seu país en lograr un título ATP e o primeiro a situarse no Top 50, xa que logo está recoñecido como o mellor tenista bosnio de todos os tempos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Damir Dzumhur". ATPWorldTour.com. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  2. "Damir Dzumhur". DavisCup.com. Consultado o 1 de xuño de 2018.