Damián Mateu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Damià Mateu»)
Infotaula de personaDamián Mateu Bisa
Biografía
Nacemento(ca) Damià Mateu i Bisa Editar o valor em Wikidata
1863 Editar o valor em Wikidata
Llinars del Vallès
Morte7 de decembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Barcelona
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - Dereito civil, Dereito canónico Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEmpresario e político
Partido políticoFederación Monárquica Autonomista
Dreta de Catalunya
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMiguel Mateu y Pla (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesCarmen Mateu Quintana (neta (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Acción de fundación de La Hispano Suiza Fábrica de Automóviles por 500 pesetas, emitida en Barcelona el 14 de junio de 1904, firmada en original por Damián Mateu, cofundador, presidente y financiero de la empresa
Acción de fundación de La Hispano Suiza Fábrica de Automóviles por 500 pesetas, emitida en Barcelona o 14 de xuño de 1904, e asinada en orixinal por Damián Mateu.

Damián Mateu Bisa, nado en Llinars del Vallès o 18 de outubro de 1864 e finado en Barcelona o 7 de decembro de 1935, foi un empresario e político español. Foi un dos fundadores da marca de coches Hispano-Suiza, e foi o pai de Miguel Mateu Pla, quen foi alcalde de Barcelona entre 1939 e 1945.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na localidade barcelonesa de Llinars del Vallès, era o cuarto de cinco irmáns.[1] Os seus pais eran Miguel Mateu Farralt e Ángela Bisa Brillas.[2] Seu pai, quen faleceu en 1877, era o dono da empresa Miguel Mateu, S. A.[2] e conseguira ter unha boa posición económica grazas ao comercio con ferro ao que se adicaba.[1]

Damián Mateu licenciouse en dereito na Universidade de Barcelona, aínda que non exerceu por mor do falecemento prematuro do seu irmán, quen ía dirixir a empresa familiar.[3][4] Baixo o mando de Damián Mateu, a súa empresa de ferros (co nome cambiado a Hijo de Miguel Mateu), chegou a ser unha importante compañía no eido nacional español.[1] En 1890, Mateu casou con Mercedes Pla y Deniel —irmá do cardeal Enrique Pla y Deniel—, con quen tivo seis fillos;[5] o menor e único varón foi Miguel Mateu Pla.

En 1900 constituíu unha empresa industrial chamada Altos Hornos y Herrerías de Nuestra Señora del Carmen S.A. en Barcelona, mais esta sociedade acabou presentando suspensión de pagamentos en xaneiro de 1904.[2] Porén, uns meses despois, o 14 de xuño dese mesmo ano fundou, con Francisco Seix e Marc Birkigt, a exitosa marca de automóbiles de luxo Hispano-Suiza; Damián Mateu foi o presidente e financeiro da empresa. Mateu, curiosamente, malia presidir durante tres decenios unha empresa automobilística, nunca quixo conducir un automóbil[6] e nunca obtivo o carné de conducir.[3]

Entre 1917 e 1923, Mateu presidiu unha compañía denominada La Hispano, Fábrica Nacional de Automóviles y Material de Guerra S.A. —situada en Guadalaxara, e cuxa creación impulsou el mesmo—, que acabou sendo absorbida nese mesmo 1923 pola empresa matriz catalá e foi convertida nunha filial.[2]

Foi vicepresidente do Banco Urquijo Catalán (unha empresa na que tamén participou activamente na súa creación), e tomou parte na creación de Forces Hidroelèctriques d'Andorra, S.A.. Mateu foi tamén conselleiro da empresa de seguros Hispania, da sociedade La Maquinista Terrestre y Marítima e da Cámara de Comercio.[3]

Politicamente, foi membro da Federación Monárquica Autonomista, ideoloxicamente próximo á Lliga Regionalista ata o establecemento da República, no que se integrou na Lliga.[7] Fixo de intermediario oficioso entre esta e o rei Afonso XIII. Damián Mateu era profundamente monárquico, e mantivo boas relacións con Afonso XIII (quen lle chegou a ofrecer un título nobiliario, pero Mateu rexeitouno).[4]

En 1931 foi editor do Diario del Mediodía. No 1935 distanciábase ideoloxicamente da Lliga Regionalista e pasou á Dreta de Catalunya. Faleceu en decembro dese mesmo ano por mor dunha enfermidade.[1] O seu fillo Miguel sucedeuno como presidente de Hispano-Suiza, quen após a guerra civil converteuse en alcalde de Barcelona.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Damián Mateu chegou a adquirir as seguintes propiedades inmobiliarias: a Casa Comalat na Diagonal de Barcelona, o Mas Rossell, unha torre modernista chamada torre Mateu —tamén coñecida como La Miranda— na súa vila natal, e tamén era posuidor dunha masía no Montseny.[6]

Galardóns[editar | editar a fonte]

En 2021, a FIVA (Federación Internacional de Vehículos Antigos) incluíu a Damián Mateu no seu Salón da Fama cos seus 14 primeiros heroes da historia do automobilismo.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 La Hispano-Suiza. Damián Mateu. Arquivado 26 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Vehículo Clásico.es.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Damián Mateu Bisa. Real Academia da Historia.
  3. 3,0 3,1 3,2 Damián Mateu. Hsypegaso.webcindario.com.
  4. 4,0 4,1 Mateu Bisa, Damián (1863-1935). Mcnbiografias.com.
  5. Dos pioners amb personalitat Arquivado 25 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine., páxina 4. Diari de Girona.cat.
  6. 6,0 6,1 Damián Mateu Bisa, el motor de la fortuna (12-02-2023). Elconfidencial.com.
  7. Commemoracions 2013 (Generalitat de Catalunya) (ed.). "Damià Mateu i Bisa". 
  8. FIVA lanza el Salón de la Fama con sus 14 primeros “héroes de la historia del automovilismo” (06-09-2021). Feva.es.