Dambo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dambo é unha palabra usada para designar unha clase de complexo de terras húmidas de augas pouco profundas na África central, meridional e oriental, especialmente en Zambia e Cimbabue.

Encóntranse xeralmente en zonas de mesetas chas que sofren grandes precipitacións e nas que se forman unha especie de pequenos ríos ramificados que poden ser non moi grandes, pero bastante numerosos, que se unen entre si nunha ampla zona. Por exemplo, calcúlase que os dambos constitúen o 12,5 % da superficie de Zambia. [1]

Palabras africanas con significados similares son mbuga (comunmente empregada en África oriental), matoro (Mashonaland), viei (Suráfrica), fadama (Nixeria) e bolis (Serra Leoa). O termo francés bas-fond e o alemán Spültal tamén se suxeriron para referirse ás zonas húmidas herbáceoa similares.[2] Estas palabras teñen, por tanto, significados parecidos aos da galega braña.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chidumayo, E. N.: "The utilisation and status of dambos in southern Africa: a Zambian case study". En: Matiza, T. & Chabwela, H. N. (eds.) Wetlands conservation conference for southern Africa (pp. 105-108). International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, Gland, 1992.
  2. Andrew S. Goudie, "The Geomorphology of the Seasonal Tropics". En William M. Adams et al. (editors), The Physical geography of Africa (Oxford: University Press, 1996), p. 152.
  3. braña no dicionario da RAG.