Dacrifilia
Aparencia
Dacrifilia ou dacrilagnia é un tipo de parafilia na que a excitación sexual vén provocada polas bágoas ou o pranto da parella. Asóciase, polo xeral, cos homes.[1]
O termo abrangue todas as formas do pracer relacionadas coas bágoas. A excitación é propiciada pola visión dunha persoa chorando. No sadomasoquismo xoga un papel importante, a teor da dominación do suxeito submiso, que é inducido ás bágoas, a modo de forte emoción, co gallo de provocar a excitación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BARRIOS MARTÍNEZ, D. (2006). En las alas del placer: Como aumentar nuestro goce sexual. Editorial Pax México. ISBN 968-860-751-7. (en castelán)