Día Internacional da Tradución
O Día Internacional da Tradución celébrase cada ano o 30 de setembro, data en que se conmemora o falecemento de Xerome de Estridón, primeiro tradutor da Biblia. A celebración foi promovida pola FIT (Federación Internacional de Tradutores), dende a súa creación en 1953. En 1991 a FIT lanzou a idea dun Día Internacional da Tradución oficialmente recoñecido para mostrar a solidariedade da comunidade de tradutores en todo o mundo nun esforzo por promover a profesión de tradutor nos diferentes países. Esta data aprovéitase para difundir conciencia acerca dunha profesión que se volveu fundamental, tanto por razóns da globalización como para a comunicación entre as culturas.
Canto á tradución literaria, en Galicia existen dúas asociacións de tradutores: a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) e mais a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (Agpti).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Traductores gallegos reivindican "mayor visibilidad" de su profesión, en Europapress o 30 de setembro de 2013. (en castelán)