Déagol
| Déagol | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Presente na obra
| |||||||
|
Universo ficticio
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Circunstancias morte
| |||||||
|
Asasinado por
| |||||||
|
Grupo étnico
| |||||||
|
Sexo
| |||||||
|
Inimigo/a
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Parente
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Déagol é un personaxe ficticio do legendarium do escritor J. R. R. Tolkien, que aparece na súa novela O Señor dos Aneis. É un hobbit da rama dos fortes, amigo de Sméagol, que atopou o Anel Único mentres pescaba no río Grande.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 2463 T. E., Déagol e Sméagol foron xuntos a pescar. Un pez moi grande picou no anzol de Déagol e tirouno da barca. Foi entén cando Déagol viu algo brillante no fondo do río e o colleu. Ó saír descubriu que era un anel de ouro, e, tentado pola súa beleza, Sméagol pidiullo a Déagol como agasallo polo seu aniversario. Déagol rexeitou darllo Sméagol estrangulouno para quitarllo. Entón, Sméagol ocultou o corpo de Déagol e xa nunca foi atopado.
Deste xeito, Déagol converteuse no terceiro portador do Anel, despois de Sauron e de Isildur, e Sméagol no cuarto.
Adaptación cinematográfica
[editar | editar a fonte]No filme de Peter Jackson The Lord of the Rings: The Return of the King, Déagol é interpretado por Thomas Robins. As súas escenas con Andy Serkis (Sméagol/Gollum) foron planeadas orixinalmente para estar en The Two Towers, pero finalmente foron engadidas a The Return of the King.