Dárdano (mitoloxía)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Dárdano (en grego Δάρδανος Dárdanos; en latín Dardanus) foi o fundador da cidade de Dardania, antecesora da mítica cidade de Troia.
Segundo a mitoloxía grega, era fillo de Zeus e Electra, unha das Pléiades, filla de Atlas.
Dárdano era irmán do rei de Arcadia, Iasión, a quen asasinou (segundo algúns), aínda que non puido arrebatarlle o trono, xa que o pobo o expulsou. Tras unha curta estancia na illa de Samotracia trasladouse a Frixia e casou alí con Batía, a filla do rei Teucro. Herdou o trono, e deu aos habitantes do reino o nome de dárdanos, derivándoo do seu. Fillo seu foi Erictonio.
Dárdano foi o fundador da cidade de Dardania, en Asia Menor, ao pé do monte Ida, que máis adiante sería a cidade de Troia. Segundo Diodoro Sículo, gobernou sobre moitos pobos de Asia e enviou como colonos aos dárdanos que habitaban ao norte de Tracia. Como fundador de Troia, é o antepasado da súa casa real e «dardanio» é sinónimo de «troiano» (así o empregan a miúdo Virxilio e Homero, por exemplo "Príamo Dardánida").
Segundo Pseudo-Apolodoro, Dárdano abandonou Samotracia, o seu país de orixe, ou Arcadia, aflixido pola morte do seu irmán Iasión, fulminado por Zeus por seducir a Deméter, ou ben a causa do diluvio de Deucalión, e arribou a Tróade.
Actualmente, o estreito dos Dardanelos recibe o seu nome en honor a Dárdano.
Predecesor: Teucro |
Reis de Troia |
Sucesor: Erictonio de Dardania |