Saltar ao contido

Dámaso Carrasco Duaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDámaso Carrasco Duaso
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xaneiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, fotógrafo, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiPío Carrasco Iglesias Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 338

Dámaso Luis Ramón Carrasco Duaso, nado en Vilagarcía de Arousa en 1907 e finado no mesmo concello o 16 de xaneiro de 1987, foi un xornalista, fotógrafo e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Pío Carrasco Iglesias, que fundou unha consignataria de buques en Carril. A finais dos anos vinte incorporouse ao negocio familiar co seu irmán Pío Carrasco Duaso. Asistiu ao Pacto de Lestrobe. Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Vilagarcía de Arousa de setembro de 1930 a 1936. Foi presidente da Irmandade Galeguista de Vilagarcía de Arousa e vicepresidente (1933) e foi elixido concelleiro do Partido Galeguista por Vilagarcía no III Congreso do Partido Galeguista (1934). Participou nos mitins da Fronte Popular para as eleccións de febreiro de 1936.

Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 traballaba na consignataria da súa familia, compartindo o traballo coa afección á fotografía. Foi detido, xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937 con outros republicanos de Vilagarcía,[1] foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Foi internado no campo de concentración San Simón, onde fixo algunhas instantáneas dos prisioneiros. Foi posto en liberdade por conmutación da condena en agosto de 1939. Tamén foi sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas. En 1948 foi condenado a dous anos de prisión polo seu vencellamento á Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas.

Logo da morte de Franco integrourse no Partido Galeguista, sendo elixido secretario xeral do comité de Vilagarcía en 1981.[2] Despois foi nomeado presidente de Honra do Partido Galeguista de Vilagarcía de Arousa. Finou en Vilagarcía de Arousa o 16 de xaneiro de 1987.[3][4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Josefa Valdés e foi pai de María José, Dámaso, Pika e Julio Carrasco Valdés.

  1. El Diario de Pontevedra, 22-1-1937, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, Vilagarcía, 22-7-1981, p. 31.
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-1-1987, p. 50.
  4. Necrolóxica en ABC