O código QR (en inglés, quick response code, «código de resposta rápida») é un código bidimensional deseñado para o uso no sector do automóbil pola compañía xaponesa Denso Wave, subsidiaria de Toyota, en 1994. Os códigos QR empréganse durante a fabricación para o seguimentos dos compoñentes. O sistema estase a facer moi popular pola facilidade para incluír máis información que os códigos de barras unidimensionais. O código está formado por puntos negros cadrados dispostos nun cadrado sobre fondo branco. Os tres cadrados das esquinas son para fixar a posición dos datos. O código pode almacenar datos numéricos, alfanuméricos, bytes/bits, Kanji/Kana e empregando extensións practicamente calquera tipo de datos.
O estándar xaponés para códigos QR (JIS X 0510) foi publicado en xaneiro de 1998 e o estándar internacional ISO (ISO/IEC18004) foi aprobado en xuño de 2000. Está en uso dende o 1 de setembro de 2006 - ISO/IEC 18004:2006 Tecnoloxía da información - Identificación automática e técnicas de captura de datos - Código QR 2005 simboloxía especificacións.
O código QR é aberto a diferenza doutros bidimensionais como o BIDI, os dereitos de patente son propiedade de Denso Wave pero están liberados e non son limitados.
1. Información da versión 2. Información do formato 3. Corrección de erros e datos4. Patróns requiridos 4.1. Posición 4.2. Aliñamento 4.3 Sincronización 5. Zona morta