Círculo máximo
Un círculo máximo[1] é o círculo resultante dunha sección realizada a unha esfera mediante un plano que pasa polo seu centro e a divida en dous hemisferios; a sección circular obtida ten o mesmo diámetro que a esfera.
A distancia máis curta entre dous puntos da superficie dunha esfera sempre é o arco de círculo máximo que os une.
Aplicaciones de círculos máximos
[editar | editar a fonte]Xeometría riemanniana
[editar | editar a fonte]Na xeometría riemanniana este concepto serve para ilustrar como hai espazos con puntos (os antipodais) que admiten máis dunha xeodésica contrastando o que acontece nos espazos euclidianos, en que por dous puntos escollidos arbitrariamente só pasa unha única xeodésica.
Triángulos esféricos
[editar | editar a fonte]Se tres puntos da superficie esférica son unidos por arcos dun círculo máximo menores que 180 º, a figura obtida denomínase triángulo esférico. Os lados do polígono así formado exprésanse por conveniencia como ángulos con vértice o centro da esfera e non pola súa lonxitude. Este arco medido en radiáns e multiplicado polo raio da esfera é a lonxitude do arco. Nun triángulo esférico os ángulos cumpren que 180 ° < + + < 540 °.
Xeografía e cartografía
[editar | editar a fonte]En xeografía e cartografía, os círculos máximos que pasan polos polos determinan as liñas de lonxitude (meridianos). Na latitude, pola contra, existe só un círculo máximo, o Ecuador terrestre. As demais latitudes están determinadas por círculos menores paralelos ao Ecuador (paralelos).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Masa Vázquez, Xosé M.; Fortes López, Belén (1995). Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. Vocabulario de Matemáticas. Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-369-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Great Circle description, figures, and equations. Mathworld, Wolfram Research, Inc. c1999 (en inglés)
- Great Circles on Mercator's Chart by John Snyder with additional contributions by Jeff Bryant, Pratik Desai, and Carl Woll, Wolfram Demonstrations Project. (en inglés)
- Um simulador de rotas ortodrómicas Arquivado 13 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (en portugués)
- Esfera armilar, un suporte a la Navegación Astronómica (en portugués)
- esferas Armilares perfeitas - Construa voce mesmo Arquivado 27 de outubro de 2020 en Wayback Machine. (en portugués)